InicioCULTURA'Cidade Imaxinaria' trae este sábado ao Gaiás a preto dun cento de...

‘Cidade Imaxinaria’ trae este sábado ao Gaiás a preto dun cento de artistas de circo, maxia e teatro

A entrada é libre e gratuíta

Publicado o

Xornal de Compostela

Cidade da Cultura acollerá este sábado a ‘Cidade Imaxinaria’, un evento que incluirá espectáculos de circo con acrobacias aéreas, teatro de rúa, animación musical, xogos tradicionais, instalacións de realidade mixta, espazos sensoriais para bebés ou a elaboración dun mural colaborativo. A xornada congrega a preto dun cento de artistas de distintas partes da Península e a entrada é libre e gratuíta.

‘Cidade Imaxinaria’ conta cun programa de espectáculos que conxugan o lecer e a diversión cunha vertente pedagóxica e didáctica na que, por exemplo, quérese inculcar aos máis pequenos a importancia da reciclaxe ou do coidado do medio ambiente. As persoas asistentes poderán pintar de maneira colaborativa un mural no que se usarán pinturas fotocatalíticas, que depuran o aire. A superficie a pintar equivalerá aproximadamente para o efecto depurativo que tería a plantación de 15 árbores.

Tamén se contará con propostas como unha escola de circo para espertar novos intereses á vez que pór en valor o labor de compañías de novo circo galegas; espazos sensoriais para bebés de 0 a 3 anos con actividades de estimulación temperá ou instalacións que combinan maxia con tecnoloxía, a través da realidade mixta. En total, tres espectáculos de pista, tres itinerantes e oito zonas de xogo e actividades de compañías procedentes de distintos puntos da Península conforman esta edición de ‘Cidade Imaxinaria’.

O evento, celebrado entre 2011 e 2019 e retomando a súa actividade no 2023 tras un parón por mor da pandemia, é unha das citas clásicas da programación familiar da Cidade da Cultura que, ao longo das súas edicións previas, congregou a milleiros de asistentes. Este ano, as actividades concentraranse nunha xornada de tarde na que haberá tamén un espazo de descanso e petiscos para a merenda.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...