InicioPOLÍTICASanmartín rexeita a subida do canon de Sogama e cualifícaa de "escandalosa"

Sanmartín rexeita a subida do canon de Sogama e cualifícaa de “escandalosa”

A alcaldesa de Santiago denuncia que a medida suporá un incremento de case un millón de euros anuais no custo de xestión de residuos

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, manifestou este venres o seu rexeitamento á proposta de subida do canon por parte de Sogama para a xestión de residuos. Sanmartín cualificou de “escandalosa” e “desproporcionada” esta medida, que segundo as súas estimacións, suporá un custo adicional de case un millón de euros ao ano para a capital galega.

A empresa Sogama, dependente da Consellería de Medio Ambiente, propón incrementar o canon dos actuais 66 euros por tonelada a 108 euros en 2025, argumentando que a tarifa actual “apenas cobre a metade do custo real” do servizo. No entanto, a rexedora compostelá criticou duramente este incremento, ao considerar que se basea nun modelo de xestión de residuos que cualificou de “obsoleto, custoso e contaminante”.

Sanmartín tamén destacou que a Xunta de Galicia coñece desde hai anos que o modelo actual de xestión de lixo “non é sustentable”, e anticipa que a maioría dos concellos galegos se pronunciarán en contra desta medida. Neste sentido, avanzou que o goberno municipal de Santiago “impedirá” que esta subida se leve a cabo e buscará o apoio doutros concellos para frear esta decisión que considera inxustificada.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

A patronal do transporte da Coruña e os sindicatos están convocados a unha mediación...

María Rozas clausura o obradoiro de emprego Genius e presenta a app ‘Inxenius’

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, clausurou...

Ames avanza na dixitalización do ciclo da auga coa execución do proxecto ‘Ames Dixital Water’

O Concello de Ames continúa avanzando na execución do proxecto estratéxico ‘Ames Dixital Water’,...

Abal denuncia a falta de avances na reparación da cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela denunciou a ausencia de avances na...

O Concello aproba o proxecto de reurbanización da rúa Mallou no barrio de Meixonfrío

O Concello de Santiago de Compostela aprobou o proxecto de reurbanización da rúa Mallou,...

O PSdeG anuncia unha interpelación no pleno de xaneiro pola situación dos Centros Socioculturais

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno do mes de xaneiro unha...