InicioCULTURAInauguran nas Torres Hejduk unha instalación interactiva que rende tributo á colaboración...

Inauguran nas Torres Hejduk unha instalación interactiva que rende tributo á colaboración artística

A obra 'H+E' de Isabel Merchante e Óscar Manrique destaca a amizade entre os arquitectos Hejduk e Eisenman a través dunha experiencia visual única

Publicado o

Xornal de Compostela

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou onte nas Torres Hejduk da Cidade da Cultura a instalación interactiva H+E, unha obra creada pola artista visual Isabel Merchante e o comisario e historiador da arte Óscar Manrique. Esta obra rinde tributo á colaboración humana, inspirándose na amizade entre os arquitectos John Hejduk e Peter Eisenman, relación que deu lugar á construción das emblemáticas torres no Gaiás, inicialmente concibidas para o parque compostelán de Belvís.

A instalación H+E ofrece unha experiencia interactiva que require a participación de polo menos dúas persoas para activarse. A través dunha barra conectada ás dúas torres, cando ambas son tocadas simultaneamente, xérase unha atmosfera visual única grazas a unha estrutura de cables de fibra óptica e luces LED. Esta representación visual alude a conexións neuronais, ramificacións vexetais ou ao escintileo das estrelas, simbolizando a conexión entre seres humanos a nivel global.

Durante o acto de inauguración, Anxo M. Lorenzo destacou que esta obra ten como núcleo “a apertura, o diálogo, a cooperación e a creación compartida”. Ademais, lembrou que H+E foi seleccionada como gañadora dun concurso de intervencións artísticas convocado anualmente pola Cidade da Cultura, que busca apoiar o talento emerxente e dar visibilidade aos novos creadores.

A instalación poderá visitarse nas Torres Hejduk ata o 5 de xaneiro de 2025, ofrecendo aos visitantes a oportunidade de converterse en participantes activos desta experiencia artística que tamén invita á reflexión sobre o papel do ser humano no mundo e a capacidade de colaboración para deixar un legado perdurable.

O acto de inauguración contou coa presenza da directora xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez; do director do Encontro de Artistas Novos, Rafael Doctor; e dos 40 artistas emerxentes participantes na décimo cuarta edición do Encontro de Artistas Novos.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Ghaleb Jaber pronunciará o pregón das festas do Apóstolo

Ghaleb Jaber Ibrahim será o encargado de pronunciar o pregón das festas do Apóstolo,...

Bala leva o seu rock ao ciclo Atardecer no Gaiás este xoves

O ciclo Atardecer no Gaiás encara os seus últimos concertos do mes de xullo coa...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here