InicioSANTIAGOTEOInician as obras de ampliación e mellora da estrada DP-8202 en Cacheiras

Inician as obras de ampliación e mellora da estrada DP-8202 en Cacheiras

A intervención busca mellorar a seguridade viaria ao desviar o tráfico do núcleo da igrexa

Publicado o

Xornal de Compostela

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a alcaldesa de Teo, Lucía Calvo, participaron este martes no inicio das obras de ampliación e mellora do trazado da estrada provincial DP-8202 en Cacheiras. Esta actuación, cun orzamento de 561.215,62 euros e un prazo de execución de oito meses, ten como obxectivo principal incrementar a seguridade viaria na zona.

González Formoso destacou durante a visita que a construción dunha variante permitirá evitar o paso da maior parte do tráfico polo núcleo da igrexa, onde a vía actual presenta características de “estreiteza e perigo”. Segundo explicou, a nova variante suporá unha mellora significativa para os veciños, ao desviar o tráfico e reducir os riscos asociados á circulación neste punto.

As obras contemplan a creación dunha nova plataforma para a variante, así como a mellora do trazado actual da estrada, medidas que, segundo o organismo provincial, contribuirán a optimizar a circulación e a seguridade para todos os usuarios da vía.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Quintana Martelo leva a Teo unha mostra que percorre dúas décadas da súa obra

O pintor santiagués Manuel Quintana Martelo presentará no Auditorio Municipal da Ramallosa, en Teo,...

Catro menores feridos nunha colisión frontal en Teo

Catro menores de idade resultaron feridos de diversa consideración na tarde deste xoves tras...

O novo colexio do Milladoiro levará o nome de Gerardo Fernández Albor e abrirá no curso 2027/28

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, supervisou o avance das...