InicioSUCESOSDetido un mozo de 18 anos tras roubar un coche e chocar...

Detido un mozo de 18 anos tras roubar un coche e chocar na estrada de Santiago a Lavacolla

Nas probas preliminares efectuadas, tamén deu positivo en consumo de drogas

Publicado o

Xornal de Compostela

Axentes de Tráfico da Garda Civil detiveron na tarde do domingo, día 25, a un condutor de 18 anos implicado nun accidente ocorrido na estrada que conecta Santiago de Compostela con Lavacolla. O mozo circulaba nun vehículo que, segundo as primeiras investigacións, subtraería momentos antes.

Tras sufrir unha saída de vía, o condutor tentou abandonar o lugar a pé, pero foi interceptado por efectivos do Destacamento de Tráfico de Santiago. Os axentes verificaron que o mozo carecía de permiso de conducir, pois nunca o obtivo, e que o vehículo fora roubado nas proximidades do polígono da Sionlla, en Santiago.

Así mesmo, as probas preliminares realizadas ao condutor indicaron a presenza de drogas no seu organismo, resultado que está pendente de confirmación polo laboratorio. O condutor foi trasladado en ambulancia ao Hospital Clínico Universitario de Santiago para recibir atención médica polas lesións sufridas no accidente.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...