InicioDEPORTESO Vero Boquete acollerá mañá o VIII Memorial Antonio Bermúdez

O Vero Boquete acollerá mañá o VIII Memorial Antonio Bermúdez

O trofeo disputaráse contra o RC Deportivo Fabril e contará coa presenza de destacados representantes do deporte compostelán

Publicado o

Xornal de Compostela

O VIII Memorial Antonio Bermúdez foi presentado esta mañá no estadio Vero Boquete de San Lázaro. O evento, que se celebrará mañá sábado, 24 de agosto, ás 19.00 horas, contará coa participación do equipo local contra o RC Deportivo Fabril.

Na presentación estiveron presentes varias figuras destacadas. Enrique Fink, presidente de Ourives de Compostela, responsables da elaboración dos trofeos, foi un dos protagonistas do acto. A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, tamén participou no evento, xunto con Toño Bermúdez, fillo do homenaxeado, e o xerente do club, Miguel Fernández.

Este memorial, que se celebrou por primeira vez en 2017, homenaxea a Antonio Bermúdez, unha figura relevante no ámbito deportivo compostelán, e ten como obxectivo lembrar e honrar a súa contribución ao deporte da cidade. A cita deste ano promete ser unha destacada xornada de fútbol no corazón de Santiago de Compostela.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Roque González regresa ao Compostela para reforzar a defensa en Segunda Federación

A SD Compostela recupera a Roque González Delgado para a temporada 2026-2027. O futbolista...

A USC abre este martes a matrícula da súa oferta deportiva para o novo curso

A Universidade de Santiago de Compostela abrirá este martes, 1 de setembro, o prazo de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here