InicioSANTIAGOO PP compostelán critica as "políticas letais" do BNG en relación coa...

O PP compostelán critica as “políticas letais” do BNG en relación coa senda de Milladoiro

O PP esgrimiu nunha nota de prensa que esta é unha dos investimentos "máis importantes" para a capital de Galicia e que tamén "beneficia" á súa contorna, xa que supón "unha inxección de 13 millóns de euros" e significa "a moderna transformación" da mobilidade dos cidadáns

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira do Partido Popular de Santiago, María Baleato, lamentou este xoves que o BNG “siga inmerso” nas súas “políticas letais” contra “a mobilidade do futuro” de Compostela. Así o manifestou a edil do PP despois de que a alcaldesa Goretti Sanmartín, reiterase este luns o rexeitamento do seu goberno á senda peonil que conectará a cidade con Milladoiro.

Deste xeito, Baleato cualificou a postura dos nacionalistas como un “claro exemplo” do seu “teimoso rexeitamento” á “importante senda” que unirá Santiago con Milladoiro. Ademais, sinalou que esta negativa “só está motivada” porque se trata dunha iniciativa de Borja Verea, líder do PP de Santiago.

Pola súa banda, Sanmartín ratificou o luns ante os medios que “o concello nunca estivo a favor desa senda”, pois considera que “pode haber outros espazos alternativos, outras rutas”.

UNHA “MERA CUESTIÓN POLÍTICA”

Con todo, o PP esgrimiu nunha nota de prensa que esta é unha dos investimentos “máis importantes” para a capital de Galicia e que tamén “beneficia” á súa contorna, xa que supón “unha inxección de 13 millóns de euros” e significa “a moderna transformación” da mobilidade dos cidadáns.

Nesta liña, Baleato subliñou que para os populares esta “liorta baleira” trátase dunha “mera cuestión política”, porque “coñecen” que esta é unha infraestrutura “necesaria e desexada” polos santiagueses e demais usuarios.

Así mesmo, afeou aos nacionalistas que “mintan” aos composteláns para sustentar as súas “pobres ideas”. Xa que aseguraron que o informe de Patrimonio Cultural sobre o paso desta vía polo barrio de Conxo “é favorable”, “ao contrario do que eles afirman”.

“O compromiso coa mobilidade alternativa necesita unha clara vontade das administracións para actuar de forma coordinada e decidida, polo que non se entenden posturas como a dos nacionalistas”, recalcou a concelleira popular. Con todo, indicou que oporse a esta vía é “oporse a un futuro verde, sustentable e alternativo”.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

Suspenden a audiencia contra un policía urbanístico de Santiago acusado de falsificar un informe

A Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, suspendeu este...