InicioSANTIAGOO prazo para participar nos Premios Selic para obras ambientadas en Compostela...

O prazo para participar nos Premios Selic para obras ambientadas en Compostela finaliza o 10 de setembro

Os participantes deberán remitir ao Concello a obra en arquivo dixital nun 'pen drive' e un exemplar en papel

Publicado o

Xornal de Compostela

As persoas interesadas en participar nos Premios Selic de creación, do Concello de Santiago, poderán presentar as súas propostas en galego nos xéneros narrativa, poesía, teatro e ensaio ata o 10 de setembro.

O obxectivo deste concurso é incrementar a presenza de Santiago de Compostela na literatura escrita en galego. A obra gañadora recibirá unha dotación económica de 6.000 euros e haberá outros dous accésits de 1.500 euros.

Os textos deberán ser inéditos, coa cidade de Santiago como marco da acción ou referencia fundamental da obra. Os premios levan a publicación na colección Selic que edita o Concello, renunciando as persoas gañadoras a percibir dereitos de autoría por esa publicación.

As obras presentadas a narrativa ou ensaio deberán ter un mínimo de 150.000 caracteres, incluídos os espazos. As presentadas á modalidade de poesía un mínimo de 350 versos e as de teatro, un mínimo de 50.000 caracteres, incluídos espazos.

Os participantes deberán remitir ao Concello a obra en arquivo dixital nun ‘pen drive’ e un exemplar en papel.

A proposta estará acompañada por un sobre pechado identificado cunha lema ou pseudónimo e conterá o título da obra, nome e apelidos do autor, domicilio, DNI, breve currículo, correo electrónico e teléfono de contacto.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...