InicioSANTIAGOAMESA Xunta de Goberno Local aproba a licitación para a mellora de...

A Xunta de Goberno Local aproba a licitación para a mellora de camiños en Ames

O proxecto inclúe melloras no viario de Tras do Cabalo, Agueiros e A Ponte Nova, con financiamento da Unión Europea

Publicado o

Xornal de Compostela

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ames deu luz verde o 16 de agosto ao expediente de licitación para as obras de mellora de varios viarios. O proxecto, que forma parte do Plan AGADER de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024 – 2025, conta cun orzamento de 26.560,76 euros (IVE incluído) e está cofinanciado pola Unión Europea no marco do Plan estratéxico da PAC.

O Pleno do Concello aprobou o 30 de maio de 2024 os proxectos de mellora de camiños que inclúen a pavimentación dos viarios en Tras do Cabalo, Agueiros, e A Ponte Nova, entre outros. Os proxectos tamén abrangue melloras en camiños situados en Ameixenda, Lamas, e Proupín, todas localizacións na parroquia de Ames.

Gustavo Nieto, concelleiro de Obras e Servizos Básicos, detallou que as obras no viario de Tras do Cabalo consistirán na limpeza de gabias e na reposición do firme con zahorra nun treito de 350×3 metros, ademais da instalación dun sinal de stop. Pola súa banda, no viario de Agueiros traballarase en 320×3,50 metros de camiño, e no de A Ponte Nova, en 210×3 metros, ambos con intervencións similares.

Ademais destas actuacións, o proxecto de mellora do viario en O Prumariño e Os Casais, tamén incluído no Plan AGADER, ten un orzamento de 33.178,15 euros. Nesta parte do proxecto, o Concello aportará 10.367,91 euros e o resto será sufragado polo plan. Este proxecto tamén contempla melloras en camiños situados en Lamas e Proupín.

Nieto explicou que “o Plan AGADER ten como finalidade mellorar a rede viaria existente no medio rural, facilitando a accesibilidade ás explotacións agrarias e contribuíndo ao aumento da competitividade agraria e forestal”. Este ano, o Concello de Ames investirá preto de 50.000 euros en cinco camiños rurais, sumando un total de 59.738,91 euros en proxectos de mellora viaria.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

Ames activa a Comisión da Seca e prepara un arranxo provisional na presa da Ponte Maceira

O Concello de Ames reuniu este martes a Comisión da Seca para avaliar a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here