InicioSANTIAGORaxoi reúnese con representantes de taxis de O Pino para ofrecer servizos...

Raxoi reúnese con representantes de taxis de O Pino para ofrecer servizos de recollida de viaxeiros no aeroporto

O goberno municipal considera necesaria a creación dun plan supramunicipal para coordinar as demandas de mobilidade

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, e o concelleiro de Mobilidade, Xan Duro, mantiveron este martes unha reunión con representantes do colectivo de taxis de O Pino. O encontro centrouse na solicitude destes taxistas para comezar a ofrecer servizos de recollida de pasaxeiros no aeroporto compostelán.

Xan Duro manifestou que a demanda dos taxistas debe ser abordada nun marco supramunicipal que permita un “plano organizativo xeral”, o cal debe ser liderado pola Xunta. O concelleiro subliñou que esta coordinación debe estar en mans da administración autonómica, dado que “é a competente nestes espazos”.

O principal propósito da reunión foi discutir a solicitude do colectivo para operar no aeroporto, unha petición que, segundo o Concello, “é necesario incluír” nunha reflexión “máis ampla xeograficamente”. O goberno municipal considera que este plan debe abarcar “todas as necesidades de transporte e mobilidade” dos concellos da área metropolitana de Santiago, como Teo e Ames.

Ademais, Xan Duro recordou que o Concello de Santiago está agardando que a Xunta emita un informe sobre a solicitude de ampliación de licenzas de taxi, que inclúe un incremento do 20% para satisfacer as demandas da cidade. O concelleiro puntualizou que, mentres non se resolvan estas licenzas pendentes, non se poden implementar novos cambios e que é necesario “pensar as cousas detidamente” para garantir unha coordinación efectiva das necesidades de mobilidade.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...