InicioSANTIAGORenfe interromperá a conexión de tren con A Coruña durante os días...

Renfe interromperá a conexión de tren con A Coruña durante os días 21 e 22 de setembro

Aqueles que queiran viaxar entre Santiago e A Coruña nesas datas deberán facelo por estrada

Publicado o

Xornal de Compostela

Os días 21 e 22 de setembro (sábado e domingo) non haberá trens na estación de San Cristóbal da Coruña debido a obras no marco do proxecto de construción da estación intermodal coruñesa. O tráfico ferroviario estará interrompido desde as 00:00 horas do 21 de setembro ata as 04:45 horas do 23 de setembro, afectando a todos os servizos con orixe ou destino en A Coruña.

Deste xeito, a estación de Santiago convertirase nunha das principais orixes do sistema ferroviario galego. Todos aqueles que queiran viaxar entre a capital galega e a cidade herculina deberán facelo en autobús.

Así, durante estes dous días, Renfe habilitará un servizo alternativo de transporte por estrada para conectar os usuarios coas estacións de Santiago (liñas A Coruña-Vigo, A Coruña-Ourense e A Coruña-Madrid) e Betanzos-Infesta (liñas A Coruña-Lugo e A Coruña-Ferrol). O servizo incluirá un mínimo de 15 autobuses, tres microbuses e seis vehículos con condutor, que cubrirán rutas que pasan por Santiago, Cerceda-Meirama e O Burgo. Os usuarios deberán presentar un billete ou bono válido para poder acceder a estes vehículos. A capacidade mínima dos autobuses será de 55 prazas e a dos microbuses, de 30 prazas.

As obras na estación de San Cristóbal inclúen a instalación de sinais e sistemas de protección de tren. O proxecto, cun custo de 60.720 euros, tamén afectará ás liñas 822 (A Coruña-Zamora), 800 (A Coruña-León), 830 (Bifurcación Uxes-San Cristobal), 832 (Bifurcación San Diego) e 834 (Bifurcación O Burgo).

ÚLTIMAS

Oito feridos nun accidente múltiple en Santiago, entre eles varios alcaldes

Oito persoas resultaron feridas nun accidente múltiple con tres vehículos implicados en Santiago de...

O PSOE de Santiago acusa á Xunta do novo colapso nas urxencias do CHUS

O PSOE de Santiago denunciou este venres a situación das urxencias do Complexo Hospitalario...

A Xunta prevé abrir en agosto a senda peonil e ciclista entre a Intermodal e O Milladoiro

A Xunta de Galicia prevé poñer en servizo este verán, no mes de agosto,...

Sanmartín critica que a Xunta converta a reunión sobre o aparcadoiro do CHUS nun “acto público”

A Comisión de Seguimento para a construción do novo aparcadoiro do Complexo Hospitalario Universitario...

Oito feridos nun accidente múltiple en Santiago, entre eles varios alcaldes

Oito persoas resultaron feridas nun accidente múltiple con tres vehículos implicados en Santiago de...

Lara Méndez respecta a candidatura independente das exconcelleiras socialistas e defende que o PSdeG presentará un proxecto de cidade en Santiago

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, afirmou que respecta a decisión das...

A USC aborda en Santiago o impacto das redes sociais no benestar da infancia e da adolescencia

A Universidade de Santiago de Compostela inaugurou este martes na Facultade de Psicoloxía as...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here