InicioDEPORTESO Obradoiro lamenta o falacemento de José Asorey, o conserxe do seu...

O Obradoiro lamenta o falacemento de José Asorey, o conserxe do seu pavillón

O primeiro conserxe do pavillón do club compostelán morre aos 103 anos

Publicado o

Xornal de Compostela

O Obradoiro CAB lamentou o falecemento de José Asorey Rial, o primeiro conserxe do pavillón do clube, que morreu o pasado sábado 18 de agosto aos 103 anos. O señor José, como se lle coñecía no club, dedicou máis de cincuenta anos ao Obradoiro, sendo un dos pilares do vello pavillón do Sar.

Asorey Rial, que iniciara a súa labor o 6 de outubro de 1970, foi o primeiro conserxe na historia desta instalación deportiva, onde se viviron importantes momentos para o club. Durante a súa carreira, ademais de realizar tarefas de mantemento e coidar do bar do pavillón, tamén se encargaba de cobrar os carnés de socio a domicilio.

O señor José, que alcanzou o centenario cando o Obradoiro celebrou os seus 50 anos, era moi aprecidado por todos os membros da entidade. O club quere transmitir o seu sincero pesar aos familiares e persoas achegadas a Asorey Rial. A súa memoria permanecerá como unha parte fundamental da historia do Obradoiro CAB.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Roque González regresa ao Compostela para reforzar a defensa en Segunda Federación

A SD Compostela recupera a Roque González Delgado para a temporada 2026-2027. O futbolista...

A USC abre este martes a matrícula da súa oferta deportiva para o novo curso

A Universidade de Santiago de Compostela abrirá este martes, 1 de setembro, o prazo de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here