InicioSANTIAGOVEDRACatro persoas resultan feridas tras envorcar un vehículo en San Mamede de...

Catro persoas resultan feridas tras envorcar un vehículo en San Mamede de Ribadulla

Os feridos foron trasladados ao Hospital Clínico de Santiago despois do accidente

Publicado o

Xornal de Compostela

Catro persoas resultaron feridas tras un accidente de tráfico ocorrido na AP-53, en San Mamede de Ribadulla, no municipio de Vedra. O sinistro tivo lugar arredor das 14:00 horas deste domingo e foi notificado ao 112 a través do sistema de e-call do vehículo implicado, así como por varios particulares que alertaron das consecuencias do accidente.

A central de emerxencias activou un dispositivo de resposta que incluiu ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia, aos Bombeiros de Ordes, ao GES da Estrada, á Garda Civil, aos efectivos de Protección Civil, aos Bombeiros de Santiago, e ao persoal de mantemento da vía.

O tráfico na zona foi cortado temporalmente para permitir a chegada do helicóptero medicalizado con base en Santiago, que foi mobilizado para prestar atención aos feridos. Tras recibir a asistencia, os afectados foron trasladados ao Hospital Clínico de Santiago. Un dos feridos foi evacuado en helicóptero, mentres que unha muller e os seus dous fillos foron transportados en ambulancia medicalizada.

ÚLTIMAS

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

O Seprona investiga tres persoas en Vedra por un incendio forestal causado por unha queima non controlada

O Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil da Coruña investiga a...

Fabiola García anuncia un aumento de 486.000 euros para o SAF en Vedra ata 2028

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, informou este sábado en Vedra...

A Xunta e o Concello de Vedra asinan un convenio para mellorar a escola infantil municipal

A Xunta de Galicia e o Concello de Vedra veñen de asinar un convenio...