InicioSANTIAGOAMESO Concello de Ames organiza unha ruta nocturna aos petróglifos de Monte...

O Concello de Ames organiza unha ruta nocturna aos petróglifos de Monte Castelo e Peneda Negra

A visita guiada terá lugar o 24 de agosto e contará cun servizo de autobús desde varios puntos do municipio

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames e o colectivo A Rula programan para o sábado 24 de agosto a quinta edición da ruta nocturna circular aos petróglifos de Monte Castelo e Peneda Negra. A saída está prevista para as 21:00 horas dende o miradoiro do bosque do Peregrino, en Ventosa. A visita finalizará ás 23:30 horas.

Durante a ruta, os participantes terán acceso a un servizo de autobús que pasará ás 21:00 horas pola Casa da Cultura do Milladoiro e ás 21:15 horas polo Pazo da Peregrina en Bertamiráns. Ao finalizar o percorrido, o servizo de autobús retornará polos mesmos puntos onde recolleu aos asistentes.

Para inscribirse, os interesados deben enviar un impreso ao correo auladanatureza@concellodeames.gal. A actividade está limitada a un máximo de 25 prazas.

Os petróglifos de Monte Castelo e Peneda Negra, situados na área arqueolóxica da Ventosa, forman parte do Parque Compostela Rupestre. Foron descubertos a principios do século XX por Óscar Lojo-Batalla Sampedro. O petróglifo da Peneda Negra mantívose no tempo, mentres que Monte Castelo foi redescuberto en 2015 polo colectivo A Rula.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

Ames activa a Comisión da Seca e prepara un arranxo provisional na presa da Ponte Maceira

O Concello de Ames reuniu este martes a Comisión da Seca para avaliar a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here