InicioCULTURAA exposición 'Unha vida viquinga' alcanza as 15.000 visitas no primeiro mes...

A exposición ‘Unha vida viquinga’ alcanza as 15.000 visitas no primeiro mes de apertura ao público

Isto supón que cada día unha media de 600 persoas achegáronse ao Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.

Publicado o

Xornal de Compostela

A exposición ‘Unha vida viquinga’ recibiu case 15.000 visitas no primeiro mes de apertura, o que supón que cada día unha media de 600 persoas achegáronse ao Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia. Así o informa a Xunta que explica que “a elevada demanda provocou que, nestas primeira semanas, cubrísese a práctica totalidade das prazas nas tres quendas diarias de visitas comentadas que programou o Servizo de Educación do Museo, visitas que se ofrecen gratis”.

Inaugurada o 12 de xullo e comisariada pola doutora en Estudos Escandinavos, Irene García, ‘Unha vida viquinga’ é unha das maiores mostras realizadas en España sobre esta cultura, destaca a Consellería de Cultura. Trátase unha proposta desenvolvida en colaboración con Museos Nacionais de Historia e Arqueoloxía de Suecia, Dinamarca, Francia e España. O relato da exposición articúlase ao redor dos períodos vitais dunha persoa durante a era viquinga.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Alcalá Norte actuará en Santiago o 6 de marzo de 2027 para presentar o seu segundo disco

A banda madrileña Alcalá Norte ofrecerá un concerto en Santiago de Compostela o próximo...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...