InicioSANTIAGOActo institucional en Santiago o vindeiro luns en memoria de Ánxel Casal...

Acto institucional en Santiago o vindeiro luns en memoria de Ánxel Casal no Pazo de Raxoi

Ánxel Casal foi alcalde republicano en Santiago de Compostela

Publicado o

Xornal de Compostela

O Pazo de Raxoi acollerá o vindeiro luns, 19 de agosto, ás 13.00 horas, o acto institucional en recordo do alcalde republicano Ánxel Casal, en recoñecemento á súa memoria e á de todas as persoas que foron represaliadas xunto a el tras o golpe do 36.

Nesta homenaxe, que se realiza por segundo ano consecutivo no Salón Nobre de Raxoi, participarán representantes dos concellos de Santiago, de Teo e de Arzúa, “co obxectivo de visibilizar os lugares que marcaron os momentos finais da súa vida e da súa loita”. Están previstas intervencións da alcaldesa da capital galega, Goretti Sanmartín, do rexedor de Arzúa, Xoán Xesús Carril, e do edil de Teo Juan Jesús Cerqueiro.

Tal e como destacou o Concello de Santiago, este acto institucional ten por finalidade “honrar a dignidade colectiva das persoas que loitaron a favor da liberdade e da democracia e que foron represaliadas tras o golpe do 36”, e especialmente a figura de Ánxel Casal, asasinado o 19 de agosto dese mesmo ano en Cacheiras.

Ademais de ser alcalde de Santiago en 1936, Ánxel Casal tamén foi vicepresidente da Deputación da Coruña, impulsor do Estatuto do 36, membro do Partido Galeguista e integrante das Irmandades da Fala.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

A Maker Faire Galicia abre en Santiago cunha xornada centrada no emprendemento e a innovación social

A Maker Faire Galicia inaugurou este venres en Santiago de Compostela a súa XII...

Un modelo da USC permite prever como reducir a calor nas cidades mediante cambios urbanísticos

O incremento das temperaturas está a aumentar o impacto da meteoroloxía sobre a saúde...

Santiago realiza 85 inspeccións a pisos turísticos no que vai de ano e constata un alto cumprimento das suspensións

O departamento de Urbanismo do Concello de Santiago realizou, no que vai de 2026,...