InicioSANTIAGOSantiago realizou 7 propostas de sanción por usar megáfono e 31 por...

Santiago realizou 7 propostas de sanción por usar megáfono e 31 por cantar e gritar na rúa

Así o reflicten os datos proporcionados polo consistorio con data 5 de agosto, nos que tamén se reflicten 152 sancións por consumir bebidas alcohólicas na vía pública e 202 por ouriñar na rúa

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago interpuxo ata 31 sancións por cantar e gritar na rúa e 7 propostas de sanción por usar megáfono na vía pública, algo que vai contra as ordenanzas municipais.

Así o reflicten os datos proporcionados polo consistorio con data 5 de agosto, nos que tamén se reflicten 152 sancións por consumir bebidas alcohólicas na vía pública e 202 por ouriñar na rúa.

A concelleira Miriam Louzao foi preguntada na mañá deste luns, en rolda de prensa, polas sancións interpostas en relación a comportamentos incívicos por parte dos turistas. Os datos, en todo caso, fan referencia a sancións tanto a foráneos como a residentes na cidade.

Sobre as molestias xeradas por algúns turistas, a concelleira lembrou que xa está en marcha a segunda parte da campaña ‘Fragil’, para concienciar sobre a necesidade de coidar o protocolo e manter unha actitude correcta na cidade, e que o 15 de agosto poranse en marcha os informadores de rúa.

Estes estarán activos ata finais do mes de setembro, un total de 45 días, dado que o noveno mes do ano é que o Compostela recibe a máis grupos e máis numerosos.

Tamén se está reforzando a presenza policial en áreas especialmente turísticas, dixo Louzao, que ratificou que para aqueles que incumpran as ordenanzas “haberá sancións”.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

Suspenden a audiencia contra un policía urbanístico de Santiago acusado de falsificar un informe

A Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, suspendeu este...