InicioSANTIAGOAprobado polo Concello de Santiago o procedemento para solicitar prazas no Espazo...

Aprobado polo Concello de Santiago o procedemento para solicitar prazas no Espazo María Miramontes

A concelleira de Educación, Míriam Louzao, destacou a importante demanda do servizo e lembrou que, como novidade, o centro non tramitará altas nos períodos de solicitudes de praza

Publicado o

Xornal de Compostela

O goberno de Santiago deu luz verde este luns ao procedemento de alta e de acceso ao Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes para o curso 2024-2025, así como á gratuidade e aos prazos de inscrición para os períodos lectivo e non lectivo.

Todas as persoas que desexen participar nas actividades da Ludoteca (tanto nos períodos lectivos como non lectivos) deben estar dadas de alta e facelo a través do modelo ED009, dispoñible na sede electrónica do Concello. O procedemento de alta estará aberto os doce meses do ano.

A concelleira de Educación, Míriam Louzao, destacou a importante demanda do servizo e lembrou que, como novidade, o centro non tramitará altas nos períodos de solicitudes de praza.

As solicitudes presentaranse segundo modelo normalizado ben por medios electrónicos ou de maneira presencial, no Rexistro xeral do Concello de Santiago ou mediante calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.

Aqueles nenos que xa están dados de alta deben cubrir o formulario de solicitude que atoparán na web do centro para o programa de interese. Unha vez realizado este trámite, o centro publicará unha listaxe de solicitudes admitidas, a emendar e excluídas.

Aquelas que teñan que achegar ou emendar documentación terán 10 días hábiles para enviar a documentación (a través dun formulario habilitado na web) antes da publicación das listaxes definitivas. Recibirán comunicación mediante correo electrónico e publicarase na páxina web do centro o estado das solicitudes.

O período para a solicitude de praza para o período lectivo estará aberto entre o 26/08/2024 e o 4/09/2024 (ambos os incluídos); a listaxe provisional persoas admitidas e excluídas publicarase o 5/09/2024; a listaxe definitiva, o 20/09/2024; e confirmación de praza, do 21/09/2024 ao 27/09/2024. Durante o prazo de solicitude e asignación de prazas celebraranse xornadas de portas abertas, para as que será necesario inscribirse previamente na páxina web do centro. Os períodos non lectivos terán procesos de solicitude de praza independentes.

A programación do centro está destinada a nenos e nenas empadroados ou que estean matriculados nun centro de ensino no municipio de Santiago de Compostela e dispón dun total de 73 prazas autorizadas pola secretaría técnica de Política Social da Xunta de Galicia. Toda a documentación relativa aos procesos de matrícula poderá consultarse na web do centro.

OUTROS ASUNTOS

Nesta mesma sesión da Xunta de Goberno tamén se tomou en coñecemento da firma do convenio de colaboración entre a asociación para a promoción social e inserción sociolaboral Plataforma pol Emprego e o Concello de Santiago para o ano 2024, que recolle unha achega municipal de 12.000 euros.

Así mesmo, aprobáronse tres licencias particulares: unha para unha obra de acondicionamento dunha vivenda e dúas para arranxo de fachadas en edificios.

ÚLTIMAS

Tres voos con destino a Alvedro desvíanse a Lavacolla por falta de visibilidade na pista coruñesa

Tres voos con destino ao aeroporto da Coruña, en Alvedro, tiveron que ser desviados...

Os socialistas tamén apoiarán a moción sobre a canteira de Miramontes

O Grupo Municipal Socialista de Santiago anunciou tamén esta mañá o seu apoio á...

O xulgado deixa en liberdade as catro persoas detidas polos narcopisos do Ensanche de Santiago

O Xulgado de Instrución número 3 de Santiago de Compostela decretou a posta en...

Mila Castro pide consenso institucional para esixir a retirada dos residuos da canteira de Miramontes

A concelleira non adscrita de Santiago, Mila Castro, manifestou a súa satisfacción pola sentenza...

Tres voos con destino a Alvedro desvíanse a Lavacolla por falta de visibilidade na pista coruñesa

Tres voos con destino ao aeroporto da Coruña, en Alvedro, tiveron que ser desviados...

Rueda ve a Borja Verea como “un magnífico candidato” para Santiago, pero evita confirmalo

O presidente da Xunta e líder do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, afirmou...

A Xunta corta temporalmente o ramal entre a AG-56 e a SC-20 por obras de seguridade viaria

As obras de construción dunha cuneta de seguridade obrigarán a cortar temporalmente o tráfico...