InicioCULTURAO ciclo 'CulturON' trae 500 actividades culturais á comarca de Santiago este...

O ciclo ‘CulturON’ trae 500 actividades culturais á comarca de Santiago este verán

Seis destas actividades terán lugar na capital galega, destacando a diversidade e acceso universal á cultura.

Publicado o

Xornal de Compostela

O ciclo ‘CulturON’ ofrece este verán case 500 actividades culturais en 20 concellos da comarca de Santiago dos cales seis teñen lugar na capital galega.

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou este venres una das actividades e destacou que esta campaña garante o acceso universal á cultura, potencia e diversidade da oferta e apoia as iniciativas das industrias creativas galegas chegando a moi diversos puntos da comunidade.

En concreto en Rois, a mañá deste venres, no campo da festa de Urdilde os asistentes gozaron da actuación ‘Imposibles ou Improbables’, un espectáculo de maxia que ofrece unha viaxe a través do inverosímil e o extraordinario.

Coas propostas xa en marcha, que continuarán ata o mes de setembro, neste 2024 danlle continuidade a unha campaña que xa funcionou durante o pasado ano e que cobra agora unha dimensión maior.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Intelixencia artificial, robótica e impresión 3D entran na programación dos centros socioculturais de Santiago

A rede municipal de centros socioculturais de Santiago de Compostela porá en marcha no...

O Festival Agustín Magán celebra 25 anos cunha edición récord de dez compañías en Santiago

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán chega este ano á súa 25ª edición...

O Museo do Pobo Galego programa en setembro encontros sobre Rafael Baltar, poesía, patrimonio téxtil e memoria do exilio

O Museo do Pobo Galego inicia setembro cunha programación que combina arquitectura, investigación, literatura,...