InicioSOCIEDADEA Xunta anuncia revisións da climatización do centro DomusVi de Pontepedriña

A Xunta anuncia revisións da climatización do centro DomusVi de Pontepedriña

Política Social di que se cambiará o sistema "en canto se poida".

Publicado o

Xornal de Compostela

Fontes da Consellería de Política Social confirmaron a Europa Press que ao longo da mañá deste venres “enviaron a un técnico á residencia DomusVi de Pontepedriña”, despois de que familias de usuarios denunciasen nos últimos días as “elevadas temperaturas” dentro do centro e a falta de aire acondicionado desde 2023. Para solucionar a situación, avanzaron que se cambiará o sistema de climatización.

Segundo explicaron as familias, os problemas remóntanse ao ano pasado, “cando se estragou o seu sistema de climatización”, unha situación que cualificaron de “bochorno insufrible” e que derivou en “temperaturas que roldan os 29 graos ás 18.00 horas”. En relación a esta cuestión, fontes da consellería explicaron que, despois de ter coñecemento da situación a través dun particular, “enviaron un requirimento” a quen xestionan o centro.

Así mesmo, aseguraron que tras recibir a resposta a ese requirimento, “enviaron este venres a un técnico da Consellería que constatou o problema” denunciado polas familias, polo que se decidiu que se “cambiará o sistema de climatización”. Nesta liña, aseguraron que “non farán unha reparación” no aire acondicionado, senón que se tratará dun cambio completo do sistema que farán en canto poidan, porque son “datas complicadas”.

Con todo, a Consellería puntualizou que non se trata dun problema que afecte a toda a residencia de maiores de Pontepedriña, senón que ven damnificadas as zonas comúns, “pero non as habitacións”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O xulgado inicia a execución da sentenza de Angrois e dá un mes a QBE para pagar as indemnizacións pendentes

O Tribunal de Instancia de Santiago de Compostela puxo en marcha a execución da...

O bombeiro Jimmy Go completa os 30 maratóns pola prevención do suicidio en Santiago

O bombeiro madrileño Jaime Domínguez, coñecido nas súas redes sociais como Jimmy Go, completou...

Santiago gaña oito novas conexións aéreas

A nova compañía aérea Fly2Galicia anunciou que comezará a operar o 1 de decembro...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here