InicioECONOMÍAO Concello de Santiago preocupado polo estado do parque empresarial da Sionlla

O Concello de Santiago preocupado polo estado do parque empresarial da Sionlla

A falta de iluminación ou os restos de maleza son algúns dos exemplos que reflicten a degradación da Sionlla e que denunciou o presidente da Asociación Área Empresarial do Tambre, José Fernández Alborés

Publicado o

Xornal de Compostela

O concelleiro de Urbanismo e Vivenda de Santiago, Iago Lestegás, asegurou que é necesario constituír unha entidade de conservación ante as condicións precarias do parque empresarial da Sionlla, e subliñou que o polígono “non pode seguir así”.

A falta de iluminación ou os restos de maleza son algúns dos exemplos que reflicten a degradación da Sionlla e que denunciou o presidente da Asociación Área Empresarial do Tambre, José Fernández Alborés, quen ofreceu a mediación da patronal entre a Xunta e o Concello para acordar unha solución.

Pola súa banda, o goberno compostelán explicou este xoves que agosto é “un mes complicado” para resolver un problema que “leva anos enquistado”, pero indicou que en setembro falarán “con quen teñan que falar”.

Nesta liña, destacou que no Concello existe vontade de solucionar un problema que leva moitos anos sen resolverse. Deste xeito, a alcaldesa en funcións, María Rozas, explicou que dialogaron en diferentes momentos co presidente desta asociación para demostrar “toda a súa colaboración”.

“Para nós é importante que se resolva canto antes, importante tamén por esa aposta que temos desde o goberno municipal pola diversificación económica e, por tanto, por manter os polígonos industriais de Santiago nas condicións apropiadas para que as empresas póidanse implementar neles”, subliñou María Rozas.

Así mesmo, detallou que a iluminación do parque empresarial non é competencia do Concello e que teñen informes xurídicos e documentos que avalan esta afirmación.

Con todo, reiterou a vontade de colaborar do goberno local porque entenden que hai un problema e que como cargos públicos do Concello de Santiago teñen a responsabilidade de “abrir todas as vías para resolver este problema e ter un polígono nas condicións adecuadas”. Ademais, confirmou que en setembro se reunirán coa consellería para tentar atopar unha solución, porque é un “tema prioritario”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...