InicioPOLÍTICASantiago clama contra o peche da UCI de Conxo: "Estase a reducir...

Santiago clama contra o peche da UCI de Conxo: “Estase a reducir a asistencia sanitaria da veciñanza”

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais de Santiago e portavoz de Compostela Aberta, María Rozas, mostrou o seu rexeitamento ao peche temporal da UCI do Hospital Provincial de Conxo e o traslado de persoal ao Clínico.

Ante as preguntas dos medios, a edil recoñeceu que “non comparte esa decisión” e reclama que a sanidade pública ten que fortalecerse. Nunha rolda de prensa celebrada este martes no Pazo de Raxoi, a portavoz de Compostela Aberta denunciou que nin o seu partido nin o Concello de Santiago compartirán decisións que “reducen a asistencia sanitaria” que reciben os veciños de Compostela.

Así se expresou despois de que a CIG denunciase que a xerencia da área sanitaria de Santiago e Barbanza acordou pechar a UCI deste centro e trasladar ao seu persoal á unidade de coidados intensivos do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), unha medida que a xerencia ve “necesaria” para ofrecer un servizo de “calidade”.

Con todo, o sindicato nacionalista asegurou que esta decisión se tomou por “falta de persoal”, despois de que unha facultativa desta unidade collese a baixa por incapacidade temporal. Tras a denuncia da central sindical, fontes da área sanitaria defenderon que, en caso de agravarse a situación dos pacientes de Conxo, a atención urxente está “totalmente garantida”.

“A XENTE NON ENFERMA MENOS NO VERÁN”

Pola súa banda, a concelleira subliñou que a sanidade pública é un “alicerce fundamental” do Estado de benestar, polo que ademais de non compartir esta decisión que se tomou en materia sanitaria, esperan que non haxa que lamentar ningún tipo de problema. Nesta liña, Rozas denunciou que esta situación non é nova e que se repite todos os veráns desde hai anos, por exemplo co peche de camas hospitalarias e, neste caso, coa redución da asistencia sanitaria. Así mesmo, lembrou que “a xente enferma cando enferma, e non o fai menos no verán”.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Marta Álvarez reclama ao Concello de Santiago medidas ante os incendios nun baixo de Romero Donallo

A concelleira non adscrita de Santiago de Compostela, Marta Álvarez, reclamou ao Goberno municipal...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

Pedro Blanco e o Ateneo de Santiago reclaman recuperar o liderado cultural e institucional de Compostela

O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, reuniuse coa directiva do...