InicioCULTURAA Cidade da Cultura despídese a mostra 'Tesouros Reais' tras atraer 40.000...

A Cidade da Cultura despídese a mostra ‘Tesouros Reais’ tras atraer 40.000 visitantes

A Cidade da Cultura de Galicia despide a mostra 'Tesouros Reais', unha das grandes apostas expositivas do Museo Centro Gaiás este ano, que atraeu ao Gaiás a preto de 40.000 persoas, unha media diaria de 338 visitantes.

Publicado o

Xornal de Compostela

A Cidade da Cultura de Galicia pecha as portas da exposición ‘Tesouros Reais’, unha das principais apostas expositivas do Museo Centro Gaiás deste ano, que atraeu preto de 40.000 persoas, cunha media diaria de 338 visitantes.

Segundo informou a Xunta, esta cifra sitúa a mostra entre as máis visitadas na historia do Museo Centro Gaiás, xunto a outras como ‘Faraón. Rei de Exipto’ e ‘Galicia, un relato no mundo’. A exposición internacional, que en España só se puido visitar en Santiago de Compostela, continuará o seu exclusivo circuíto en Florencia, antes de viaxar a outras dúas cidades: Lisboa e un destino en Estados Unidos aínda por revelar.

A elevada demanda do público levou a programar 351 visitas comentadas, un número que representa “unha oferta sen precedentes” nos doce anos de historia do Museo Gaiás. Desde a inauguración de ‘Tesouros Reais’ o 21 de marzo, preto de 10.000 persoas participaron nalgunha destas visitas, ofrecidas de maneira gratuíta polo Servizo de Mediación da Cidade da Cultura.

A mostra, inaugurada polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, o nuncio do Vaticano en España, Bernardito Auza, e o custodio de Terra Santa, Francesco Patton, foi visitada por persoas de 63 países diferentes. Ademais, atraeu a importantes institucións culturais internacionais, como a Frick Collection de Nova York e medios especializados globais como National Geographic, que organizou en Santiago de Compostela unha das súas Experiencias Únicas.

A exposición destacou polas súas conexións entre Xerusalén e Santiago de Compostela, dous dos principais destinos de peregrinación cristiá, e incluíu pezas do patrimonio galego que subliñaban estas relacións históricas. Durante a mostra, leváronse a cabo tarefas de restauración en varias obras de Galicia, entre elas catro maquetas de madeira e nácar, varias cruces e un relicario dos mesmos materiais, así como unha pintura do século XVIII titulada ‘San Francisco ante o altar de Santiago’.

‘Tesouros Reais’ permitiu tamén dar maior visibilidade a obras galegas de gran relevancia histórica pero pouco coñecidas polo público, como unha das maquetas máis detalladas do mundo da Basílica do Santo Sepulcro, pertencente aos fondos do Museo de Terra Santa de Compostela, actualmente pechado ao público.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Intelixencia artificial, robótica e impresión 3D entran na programación dos centros socioculturais de Santiago

A rede municipal de centros socioculturais de Santiago de Compostela porá en marcha no...

O Festival Agustín Magán celebra 25 anos cunha edición récord de dez compañías en Santiago

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán chega este ano á súa 25ª edición...

O Museo do Pobo Galego programa en setembro encontros sobre Rafael Baltar, poesía, patrimonio téxtil e memoria do exilio

O Museo do Pobo Galego inicia setembro cunha programación que combina arquitectura, investigación, literatura,...