InicioECONOMÍAMáis de 2.000 alumnos de Santiago beneficiaranse das bolsas para comedor, material...

Máis de 2.000 alumnos de Santiago beneficiaranse das bolsas para comedor, material escolar ou extraescolares este curso

Todas as modalidades da convocatoria experimentan un incremento no número de bolseiros respecto ao ano anterior

Publicado o

Xornal de Compostela

Máis de 2.000 alumnos de Santiago beneficiaranse no curso 2024-2025 das bolsas municipais de comedor, adquisición de material escolar e actividades extraescolares, case un 40 % máis que no curso anterior. Así o asegurou a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, nunha rolda de prensa celebrada este luns.

Segundo explicou a edil, esta convocatoria, que se abriu en maio, conta cun orzamento de 1.100.000 euros e sitúa a Santiago como “a cidade galega que destina máis fondos por habitante a estas bolsas, con once euros por habitante fronte ao oito da Coruña”. Durante a súa intervención, incidiu no carácter provisional da resolución, xa que a partir deste luns ábrese un prazo de exposición pública para presentar posibles reclamacións, algo que terminará o próximo 19 de agosto.

Aínda que os datos poderían sufrir variacións debido a este período de reclamacións, produciuse un incremento de beneficiarios en todas as modalidades, “especialmente nas bolsas de comedor por razóns de conciliación, cun 93 % máis de axudas concedidas”, así como nas de material escolar, que rexistran un 67 % máis.

Nesta liña, María Rozas explicou que este aumento está relacionado cos “novos requisitos económicos para acceder ás bolsas, que incrementaron os límites de ingresos esixidos na convocatoria”. Por outra banda, a xefa de servizo de Servizos Sociais, Teresa Furelos, destacou que “por primeira vez” ninguén se quedou en lista de espera en ningunha das modalidades da convocatoria.

MÁIS BENEFICIARIOS E SEN LISTA DE ESPERA

En total, concedéronse 2.012 bolsas nas diferentes modalidades, que comprenden as bolsas de comedor por motivos de conciliación ou por escaseza de recursos, axudas de material escolar para educación infantil, para actividades extraescolares e para centros de educación especial.

Segundo explicou a concelleira, as bolsas para familias con escaseza de recursos financian o 100 % do custo do comedor escolar, mentres que as bolsas de comedor por motivos de conciliación cobren 45 euros ao mes. Así mesmo, as bolsas para familias con falta de recursos destinadas a extraescolares cobren ata 30 euros ao mes para dúas horas de actividades.

Outra das modalidades son as axudas para material escolar en eduación infantil, que se viron incrementadas nesta convocatoria, “pasando de 60 a 100 euros” cun pago único ao comezo do curso escolar. Por último, existen bolsas para alumnos que estudan en centros educativos para necesidades especiais, “aquí a bolsa que financia o comedor escolar é maior ou dobre, xa que no canto de 90 euros son 180 euros”.

Así, segundo a resolución aprobada este luns, no curso 2024-2025 “haberá 309 alumnos que reciban bolsa de comedor escolar na modalidade de conciliación, fronte ás 160 do curso anterior”, e as axudas para material escolar chegarán a 279 alumnos, que ademais recibirán 40 euros máis que na convocatoria anterior.

Nas outras dúas tipoloxías de axudas da convocatoria tamén se incrementou o número de beneficiarios. As bolsas de actividades extraescolares chegarán a 602 alumnos, un 23 % máis que no curso anterior, e as bolsas de comedor na modalidade de escaseza de recursos pasan a 637 beneficiarios, unha subida dun 29 %. Con todo, a concelleira detallou que “o goberno local fixo unha clara aposta pola igualdade de oportunidades e por chegar a máis familias”.

ÚLTIMAS

Muíños denuncia presións: “O que queren é que un deixe a acta para que a colla Aitor Bouza”

O ata agora portavoz do grupo municipal socialista, Gonzalo Muíños, denunciou presións para lograr a...

Catorce acusados de menudear con cocaína e heroína na cidade aceptan entre 2 e 4 anos e medio de cárcere

Catorce persoas acusadas de menudear con cocaína e heroína en Santiago de Compostela entre,...

Presentación da campaña ‘Compostela con tempo. Santiago con todo’ en Fitur 2025 este xoves

A portavoz do Goberno local de Santiago e concelleira de Turismo, Míriam Louzao, avanzou a campaña que...

Fonseca acolle unha exposición sobre a orixe do anime a través da obra de Tadahiko Horiguchi

O Claustro Alto do Colexio de Fonseca de Santiago acollerá ata o próximo 28 de febreiro...

Muíños denuncia presións: “O que queren é que un deixe a acta para que a colla Aitor Bouza”

O ata agora portavoz do grupo municipal socialista, Gonzalo Muíños, denunciou presións para lograr a...

Catorce acusados de menudear con cocaína e heroína na cidade aceptan entre 2 e 4 anos e medio de cárcere

Catorce persoas acusadas de menudear con cocaína e heroína en Santiago de Compostela entre,...

Presentación da campaña ‘Compostela con tempo. Santiago con todo’ en Fitur 2025 este xoves

A portavoz do Goberno local de Santiago e concelleira de Turismo, Míriam Louzao, avanzou a campaña que...