InicioSANTIAGOO Concello de Santiago personarase no 'caso Desproi'

O Concello de Santiago personarase no ‘caso Desproi’

A Asesoría Xurídica asumirá a representación e defensa municipal tras a solicitude da Fiscalía

Publicado o

Xornal de Compostela

A segunda tenente de alcaldesa e portavoz do goberno local de Santiago, Míriam Louzao, confirmou que a Asesoría Xurídica do Concello asumirá a representación e defensa do consistorio nas dilixencias previas presentadas contra varios membros da corporación municipal no marco do ‘caso Desproi’. Louzao fixo este anuncio nunha rolda de prensa celebrada no Pazo de Raxoi.

Na xunta de goberno local deste luns, o executivo municipal acordou autorizar á Asesoría Xurídica a personarse como prexudicado nas dilixencias previas. Esta decisión chega despois de que a semana pasada a Fiscalía solicitase a declaración de dous funcionarios do Concello de Santiago, concretamente o interventor e o secretario, como testemuñas na causa activada tras unha denuncia do PP en 2023.

ORIXE DO CASO

O ‘caso Desproi’ investiga a adxudicación dun contrato de arrendamento “por razóns de urxencia” a favor de Desproi Promocións S.L., aprobado pola xunta de goberno local en setembro de 2021, baixo a administración do socialista Xosé Sánchez Bugallo. Esta investigación provocou a dimisión, a principios do ano pasado, do entón concelleiro socialista José Manuel Pichel, quen estivera vinculado á sociedade cando se autorizou o contrato.

“Nos últimos días chegaron ao Concello as citacións como testemuñas de dous funcionarios municipais. Son as primeiras das que temos coñecemento e, analizada a situación, ordenamos que se presente como parte do proceso”, explicou Louzao. Ademais, indicou que a representación e defensa permitirán “ter coñecemento das mesmas e facer o exercicio das accións civís e penais necesarias”.

Dentro deste acordo, tamén se autorizou a contratación, con carácter excepcional, dun procurador que asuma a “representación procesual” do Concello, ao tratarse dun “procedemento relevante” da xurisdición penal.

ÚLTIMAS

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

Funcionarios de Xustiza denuncian “explotación laboral” nos xulgados de Fontiñas

Funcionarios do xulgado de instancia de Santiago de Compostela concentráronse este xoves diante dos...

Santiago acolle o Foro Galego de Cooperación e Solidariedade con chamamentos a reforzar o compromiso institucional

O Centro de Recursos e Servizos de Apoio Empresarial (CERSEA), en Santiago de Compostela,...