InicioSOCIEDADERaxoi celebra o "éxito" das festas do Apóstolo: "Avala o acerto de...

Raxoi celebra o “éxito” das festas do Apóstolo: “Avala o acerto de apostar por que os veciños as fagan súas”

A concelleira de Festas do Concello de Santiago, Pilar Lueiro, destacou que o programa de concertos e actuacións musicais, "ademais de atender a criterios de calidade artística e musical" estaba deseñado para "goce público e mirando de maneira especial" para os veciños de Compostela

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira de Festas do Concello de Santiago, Pilar Lueiro, celebrou o “éxito” das festas do Apóstolo celebradas ata o pasado mércores e que, na súa opinión, “avalan o acerto de apostar por que os veciños as fagan súas”. Así, asegurou que neste 2024 iniciaron un ciclo no que enfocan as festas cun programa “inclusivo, moi diverso, con actividades para todos os segmentos de público e pensadas para que a xente participe e non só sexa espectadora, que as senta como propias”.

Así mesmo, destacou que o programa de concertos e actuacións musicais, “ademais de atender a criterios de calidade artística e musical” estaba deseñado para “goce público e mirando de maneira especial” para os veciños de Compostela, entendendo, engadiu, que as festas “son tamén un escaparate” dos artistas locais e da produción propia “en convivencia con outras manifestacións artísticas chegadas doutras latitudes”. Na mesma liña, quixo subliñar a “boa acollida” doutros actos como a foliada pregoeira, o acto da Alba de Compostela, o Día do Traxe, as xornadas de folclore, a Festa Pícara ou a programación de cinema en parques da cidade e en puntos do rural.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...