InicioSUCESOSDetidos dous veciños de Teo que roubaron ata en 30 locais de...

Detidos dous veciños de Teo que roubaron ata en 30 locais de hostalaría das provincias da Coruña e Pontevedra

O modus operandi da banda consistía en fracturar xanelas ou cristais para acceder aos locais, seleccionados previamente por un dos detidos, quen traballaba nunha empresa de distribución de bebidas en Teo.

Publicado o

Xornal de Compostela

A detención de dous veciños de Teo pola Garda Civil desarticulou unha banda que supostamente realizou 30 roubos con forza en establecementos de hostalaría das provincias da Coruña e Pontevedra. A investigación da operación denominada ‘Consignatario-Linei’ comezou en abril de 2024, cando o Equipo de Policía Xudicial da Garda Civil de Lalín e a área de Investigación do Posto Principal da Garda Civil de Milladorio-Ames detectaron unha serie de roubos en establecementos de hostalaría nas comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes, así como en Santiago de Compostela. Ambas as unidades formaron un equipo de investigación conxunto para identificar os autores e recuperar os obxectos subtraídos.

O modus operandi da banda consistía en fracturar xanelas ou cristais para acceder aos locais, seleccionados previamente por un dos detidos, quen traballaba nunha empresa de distribución de bebidas en Teo. “Esta posición permitíalle obter información detallada sobre os establecementos e os puntos de acceso máis vulnerables”, relata a Garda Civil nun comunicado este xoves. Os roubos centrábanse principalmente en pequenos locais de hostalaría, de onde levaban a recadación das caixas rexistradoras.

“Os detidos, con antecedentes por delitos similares, complicaron significativamente a investigación debido á súa experiencia neste tipo de roubos. Foi necesario un esforzo coordinado e exhaustivo de análise por parte das unidades policiais de Lalín e Milladorio-Ames para concluír que os roubos no ámbito xeográfico extenso, incluídos varios en Santiago de Compostela, estaban relacionados e eran cometidos polos mesmos delincuentes”, explica a Garda Civil. As detencións tiveron lugar o pasado mércores nos Tilos, municipio de Teo, e Santiago de Compostela. Nos rexistros domiciliarios atopáronse efectos subtraídos e outros relacionados cos delitos investigados, tamén efectuaron numerosos danos materiais aínda por cuantificar.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

O BNG de Teo denuncia que o Goberno de Lucía Calvo deixou sen executar tres millóns de euros en investimentos durante 2025

O BNG de Teo denunciou que o Goberno municipal do Partido Popular, encabezado pola...

Quintana Martelo leva a Teo unha mostra que percorre dúas décadas da súa obra

O pintor santiagués Manuel Quintana Martelo presentará no Auditorio Municipal da Ramallosa, en Teo,...

Catro menores feridos nunha colisión frontal en Teo

Catro menores de idade resultaron feridos de diversa consideración na tarde deste xoves tras...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here