InicioPOLÍTICAO Partido Popular critica a insistencia do BNG en prohibir o himno...

O Partido Popular critica a insistencia do BNG en prohibir o himno de España no Día do Padrón

A edil Olaya Otero asegura que o BNG “o único que busca é dividir”

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira do Partido Popular local, Olaya Otero, lamentou hoxe a insistencia do BNG en prohibir o Himno de España no día de Padrón en Santiago, un acto no que sempre soou ata a chegada dos nacionalistas.

Para a concelleira este feito é un síntoma máis de que o BNG o único que busca con esta prohibición é a división, posto que prohibir o himno é un desprezo á maioría dos composteláns.

Otero asegura que hai “dúas maneiras de gobernar, por un lado está a de Borja Verea, que busca o consenso e asiste a todos os actos da cidade, incluído o Alba de Compostala que, recordemos, foi creado polo BNG. E por outro lado temos as formas de Sanmartín e os nacionalistas, que gobernan só para uns poucos, os seus, e fallan ao respecto a maioría dos composteláns faltando ao acto máis importante da cidade como é a Ofrenda ao Apóstolo na Catedral ou prohibindo, como sucedeu hoxe, que se toque o Himno de España no día de Padrón en Santiago”.

Así, destacou a edil, “estamos ante un exemplo máis do sectarismo do BNG, que antepón a súa ideoloxía aos intereses dos nosos veciños”. Nese senso, sinalou que “o goberno máis minoritario da historia de Santiago ten que gobernar para todos os composteláns e sobre todo respectar a vontade democrática da corporación municipal, posto que,con esta nova prohibición do Himno de España, están rachando co acordo que se tomou en Pleno en 2023 de que si soase o himno neste acto, tras a mesma polémica do ano pasado”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here