InicioCULTURARevenidas Miúdo encherá o 28 de xullo o Monte do Gozo de...

Revenidas Miúdo encherá o 28 de xullo o Monte do Gozo de música para nenos, xogos e espectáculos de maxia e monicreques

Publicado o

Xornal de Compostela

A segunda edición do festival Revenidas Miúdo encherá o vindeiro domingo, día 28 de xullo, o Monte do Gozo de Santiago de música para nenos, xogos e espectáculos de maxia e monicreques.

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, e o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, presentaron este luns o evento, nun acto no que destacaron que todos os grupos que conforman o cartel deste ano fan música en galego e “entran dentro” da intervención en política lingüística para “consolidar o uso da lingua nas idades máis temperás”.

Nesta liña, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude indicou que este festival está incluído na campaña CulturON da Xunta, unha iniciativa posta en marcha para este verán “con máis dunha trintena de actividades diarias para todos os públicos”.

Por outra banda, Xosé Merelles animou ás familias a participar nesta iniciativa, así mesmo, sinalou a importancia que ten o turismo familiar na “estratexia” do goberno galego á hora de “incluír unha oferta para todos os públicos e en conexión coa natureza”. Deste xeito, destacou que o Monte do Gozo consolídase como un “lugar estratéxico” para a celebración deste tipo de eventos.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Intelixencia artificial, robótica e impresión 3D entran na programación dos centros socioculturais de Santiago

A rede municipal de centros socioculturais de Santiago de Compostela porá en marcha no...

O Festival Agustín Magán celebra 25 anos cunha edición récord de dez compañías en Santiago

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán chega este ano á súa 25ª edición...

O Museo do Pobo Galego programa en setembro encontros sobre Rafael Baltar, poesía, patrimonio téxtil e memoria do exilio

O Museo do Pobo Galego inicia setembro cunha programación que combina arquitectura, investigación, literatura,...