InicioSOCIEDADESantiago prepárase para o 25 de xullo coa Ofrenda ao Apóstolo e...

Santiago prepárase para o 25 de xullo coa Ofrenda ao Apóstolo e a Alba de Compostela como cerimonias principais

A alcaldesa participará nos actos institucionais na Praza do Obradoiro e na recepción no Pazo de Raxoi.

Publicado o

Xornal de Compostela

A capital galega prepárase para un 25 de xullo, Día Nacional de Galicia, que contará un ano máis coa tradicional Ofrenda ao Apóstolo e coa Alba de Compostela, o acto institucional que organiza o Concello de Santiago e que, nesta ocasión, celebrarase ás 19:30 horas e non coincidirá coa Ofrenda, como cerimonias principais.

A partir das 10:30 horas, o arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto Fernández, presidirá a Misa Solemne e a Ofrenda Nacional. Tras o pase de revista das tropas, iniciarase a procesión do Padroado antes da Eucaristía na Catedral. Para concluír, haberá unha recepción no Pazo de Raxoi.

A Ofrenda ao Apóstolo Santiago foi instituida en 1643 por Felipe IV e, ao longo dos anos, mantívose a tradición de que reis, xefes de Estado ou personalidades coas máis altas responsabilidades rendan homenaxe ao Patrón das Españas para pedir a súa intercesión en asuntos de actualidade ou de preocupación colectiva.

Está previsto que a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, só participe nos actos institucionais na Praza do Obradoiro e na recepción no Pazo de Raxoi, así como na Ofrenda a Rosalía e na Alba de Compostela. O ano pasado, a rexedora xa tomou a decisión de non acudir á Ofrenda ao Apóstolo argumentando que “como representante da cidade e atendendo á condición de estado laico” a súa participación só centraríase nos actos institucionais.

ALBA DE COMPOSTELA

Ademais, por segundo ano consecutivo, a cerimonia institucional do Concello será a ‘Alba de Compostela’, creado o ano pasado polo Goberno local para “homenaxear ás persoas ou institucións que constrúen Compostela todo o ano” e que foi criticado polos partidos da oposición por coincidir coa Ofrenda ao Apóstolo.

Con todo, nesta ocasión, o evento celebrarase ás 19:30 horas e non coincidirá coa Ofrenda. A localización si será a mesma: o Teatro Principal. Os homenaxeados, tal e como decidiu o Consello Asesor de Condecoracións do Concello por unanimidade, serán a presidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego, Concha Losada; o comerciante Xaquín Mato; a catedrática en Farmacoloxía Mabel Louza; e o presidente do Foro Galego de Inmigración, Miguel Fernández.

A ‘Alba de Compostela’ inspírase no coñecido discurso ‘Alba de Gloria’ que Castelao fixo en Buenos Aires o 25 de xullo de 1948, onde fai un retrato de personaxes históricos que desde a Idade Media contribuíron a construír a identidade e a presenza no mundo de Santiago e de Galicia e no que formula un desexo de esperanza no futuro.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...