InicioSANTIAGOAMESAmes continúa a mellora das súas rúas coa pavimentación en Pardiñeiros, Seidón...

Ames continúa a mellora das súas rúas coa pavimentación en Pardiñeiros, Seidón e Panasqueira

A Xunta de Goberno Local aproba un investimento de máis de 100.000 euros para renovar a capa de rodaxe destas vías

Publicado o

Xornal de Compostela

A Xunta de Goberno Local de Ames acaba de aprobar o expediente de licitación para a obra de pavimentación nas rúas de Pardiñeiros, Seidón e Panasqueira, situadas no Milladoiro. Esta iniciativa conta cun orzamento de 103.354,81 euros, IVE incluído, e forma parte das accións financiadas polo POS+ 2024 da Deputación da Coruña.

O alcalde de Ames, Blas García, destacou que este proxecto é parte do compromiso continuado do concello para mellorar a infraestrutura tanto dos núcleos urbanos como das áreas rurais. “Trátase dunha importante actuación porque vai completar a mellora das rúas interiores do núcleo urbano do Milladoiro, iniciada xa a través do POS+ 2022”, explicou García.

O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, resaltou a necesidade destas obras, especialmente nas rúas que son altamente transitadas e xa mostraban signos significativos de desgaste. “Agora vanse a mellorar outras tres rúas máis do Milladoiro, con investimentos que superan os 400.000 euros en total nas sete rúas afectadas”, afirmou Nieto.

As melloras específicas incluirán, na rúa Pardiñeiros, a superficie de 3.885 metros cadrados recibirá unha nova capa de mestura bituminosa, coa reposición da sinalización horizontal.

Na rúa Seidón renovarase o pavimento con formigón en diferentes espesuras dependendo da área, sobre unha base nivelada de zahorra.

Por outra banda, na rúa Panasqueira, mellorarase a capa de rodaxe sobre 970 metros cadrados, seguindo un proceso similar ao empregado en Pardiñeiros.

A implementación destas melloras comezará unha vez completado o proceso de licitación, co obxectivo de minimizar o impacto no día a día dos residentes e garantir a eficiencia na execución dos traballos.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

Ames activa a Comisión da Seca e prepara un arranxo provisional na presa da Ponte Maceira

O Concello de Ames reuniu este martes a Comisión da Seca para avaliar a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here