InicioPOLÍTICAXan Duro di que a aplicación do bus urbano xa funciona, pero...

Xan Duro di que a aplicación do bus urbano xa funciona, pero solicita informes por se “hai que tomar medidas”

Publicado o

Xornal de Compostela

O concelleiro de Mobilidade de Santiago, Xan Duro, afirmou que a aplicación do bus urbano ‘+Bus’ xa está a funcionar, despois dos fallos rexistrados nos últimos días, pero sinalou que desde o Concello solicitarán os informes necesarios para ver se “hai que tomar algunha medida”.

A preguntas dos medios nunha visita á Praza de Abastos, Xan Duro explicou que este xoves houbo “unha inspección” da empresa municipal Tussa no servizo e liquidouse “provisionalmente”. Agora, apuntou, teñen que corrixir “algúns elementos de hardware” que “deben renovar”, pero, agora mesmo, insistiu, “a aplicación está a funcionar”.

Seguimos moi vixiantes e solicitamos todos os informes necesarios para ver se hai que tomar algunha medida; que se tomará sen dúbida ningunha”, resolveu.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...