InicioPOLÍTICASanmartín destaca o diálogo de Xunta e Goberno para o traslado de...

Sanmartín destaca o diálogo de Xunta e Goberno para o traslado de migrantes e reitera: “Santiago é acolledora”

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, celebrou o acordo entre a Xunta e o Goberno de abrir unha canle de comunicación “fluída e constante” para a coordinación do traslado de inmigrantes a Galicia e insiste en que a capital galega é unha cidade “acolledora e hospitalaria”.

A preguntas dos medios este venres nunha visita á Praza de Abastos, a rexedora sinalou que para o concello compostelán a situación “xa estaba máis que desbloqueada”. “Dixemos desde o primeiro momento que iamos colaborar, que non se pode xogar coas persoas que están a sufrir unha crise, fuxindo dos seus lugares de procedencia, e que o Concello sempre vai estar”, afirmou.

Nesta liña, reivindicou que “calquera colaboración entre administracións” debe ser “a maneira de proceder en todos e cada un dos asuntos“, pero, engadiu, “moito máis cando se fala de temas de refuxiados, de xente que ten que irse dos seus fogares”.

Así mesmo, explicou que estas persoas chegarán a partir do 25 de xullo “de maneira graduada”. Neste sentido, cuestionada sobre se podería afectar o dispositivo das Festas do Apóstolo, Sanmartín argumentou que existe “un reforzo” nos servizos de emerxencia e policiais e, “se chegan o 25 de xullo e hai que atender a iso, tamén se fará”.

“A pesar de que haxa festas, que imos estar e a gozar delas, o certo é que tanto as guerras, como as crises de emigración non teñen data, infelizmente, e hai que estar alí as distintas administracións para botar unha man”, aseverou. Segundo as últimas informacións, está previsto que uns 200 migrantes cheguen a partir do 25 de xullo ao albergue Monte do Gozo, na capital galega.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

O PSdeG esixe incorporar a VOLABAN ao Padroado do Refuxio de Bando tras máis dun ano de demora

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao Pleno deste mes unha proposta para...

Os non adscritos retiran a demanda contra o PSOE pola súa expulsión

Os catro concelleiros non adscritos de Santiago de Compostela --Mercedes Rosón, Gonzalo Muíños, Milagros...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...