InicioPOLÍTICAA Xunta destina máis de 40.000 euros a mellorar o tellado da...

A Xunta destina máis de 40.000 euros a mellorar o tellado da escola infantil pública de Vite

Publicado o

Xornal de Compostela

A Xunta de Galicia destinará 43.000 euros para realizar obras de mellora no tellado da escola infantil pública autonómica de Vite. Así o anunciou a conselleira de Política Social, Fabiola García, que visitou este xoves a escola. Alí explicou que esta se trata dunha das moitas actuacións que se realizarán neste tipo de centros, aproveitando o verán para interferir o menos posible na súa actividade.

En total, o Goberno galego investirá tres millóns de euros na posta a piques de escolas infantís durante o período estival. A conselleira lembrou que o curso que vén será o terceiro en que a Xunta financiará integramente a etapa de 0 a 3 anos nestes centros.

Sinalou que o Goberno galego destina 60 millóns de euros á gratuidade das escolas infantís, tanto nas públicas — municipais ou autonómicas –, como nas privadas e as de entidades sociais. Unha medida, apuntou, que beneficia a máis de 32.000 familias cun aforro anual medio de máis de 3.000 euros.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

Suspenden a audiencia contra un policía urbanístico de Santiago acusado de falsificar un informe

A Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, suspendeu este...