InicioSOCIEDADEAbandono asistencial no CHUS: 235 días de espera para unha cirurxía maxilofacial

Abandono asistencial no CHUS: 235 días de espera para unha cirurxía maxilofacial

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denuncia que un paciente de cancro en remisión,  padece o abandono asistencial do servizo de cirurxía oral e maxilofacial aínda despois de ter pedido varias veces a súa intervención e suspenderse no último momento unha operación xa fixada

Publicado o

Por Ramón Mariño

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou que V.M.A.P., paciente de cancro en remisión,  padece o abandono asistencial do servizo de cirurxía oral e maxilofacial.

Segundo describiu o mesmo paciente: “son paciente oncolóxico en remisión de cancro de lingua, operado hai case 3 anos. Teño instalada unha sonda nasogástrica e foime realizada unha traqueotomía. Agora estou atendido polo servizo de cirurxía maxilofacial do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela. Despois de cirurxías e tratamentos, e diagnosticada osonecrose, substituíronme a placa de titanio que tiña colacada na mandíbula inferior que pechan con moitos puntos, que foron abrindo, de xeito que permiten que emerxa a placa. Hai meses que se decide extraela con cirurxía ambulatoria, xa que me corta o mentón por varios sitios e sae fóra, producindo infección da zona. Os parafusos fanme inflamar a cara provocándome moita dor. Nesta situación levo case 8 meses, desde o 22 de novembro do 2023, data na que quedo incorporado na lista de espera estrutural con prioridade 3.

O anestesista, para realizar a operación, non prescribe a retirada da medicación que tomo por un ictus que sufrín hai 6 anos. Despois de insistirlle telefonicamente ao cirurxián para que programe a intervención (que por certo, sempre devolve as chamadas), esta finalmente queda fixada e, cando xa estou preparado para entrar no quirófano, suspéndese por risco de sangrado ao non ser retirada, 4 ou 5 días antes, a medicación para o ictus.

O cirurxián solicita quirófano para a primeira semana de xuño. Pasan catro semanas sen que me fixen a data da intervención e, en comunicación con el, coméntame que non lle dan quirófano. O peor é que vai de vacacións 15 días e eu nesta situación, padecendo moita dor provocada pola placa, que segue cortando o mentón e inflamando a cara. En honor á verdade, teño que dicir que o trato co cirurxián foi moi humano e que, a pesar da súa insistencia, non depende del a disposición do quirófano. Espero esta situación de abandono asistencial, que excede do que cabe considerar como tolerable, se coñeza e se poña fin ao meu martirio”.

O punto 6 do anexo III da Orde do 19 de maio do 2003 literalmente establece que “O Servizo Galego de Saúde garante que o tempo máximo de espera estrutural (non debida a causas médicas ou á decisión do paciente) nas intervencións cirúrxicas sexa de 180 días naturais“. O relato de V.M.A.P. acredita que está padecendo a vulneración do seu dereito a ser atendido dentro do prazo máximo fixado pola citada Orde e soporta unha demora de 55 días respecto da data máxima de intervención (o 20 de maio do 2024), sendo previsible que aumente ao non constar que o seu cirurxián de referencia fora substituído durante o período de vacacións anuais.

O abandono asistencial que padece V.M.A.P. estalle xerando dor e deterioración física, que non é compatible coa vida digna. A súa situación, así como a de todas as persoas que non son atendidas dentro dos prazos fixados clinicamente, ten como responsables directos á xerencia do CHUS e o SERGAS, que seguen xestionado a sanidade pública á marxe dos criterios médicos e dos dereitos recoñecidos aos pacientes, producindo con iso dano físico e moral que só poden ser obxecto de rexeitamento social.

Requirimos publicamente que a V.M.A.P. se lle realice a operación prescrita, dotando para isto os medios adicionais necesarios, e, unha vez mais, esiximos que se respecten os tempos máximos de espera previstos no vixente ordenamento xurídico para todos os pacientes que requiren unha intervención cirúrxica

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O xulgado inicia a execución da sentenza de Angrois e dá un mes a QBE para pagar as indemnizacións pendentes

O Tribunal de Instancia de Santiago de Compostela puxo en marcha a execución da...

O bombeiro Jimmy Go completa os 30 maratóns pola prevención do suicidio en Santiago

O bombeiro madrileño Jaime Domínguez, coñecido nas súas redes sociais como Jimmy Go, completou...

Santiago gaña oito novas conexións aéreas

A nova compañía aérea Fly2Galicia anunciou que comezará a operar o 1 de decembro...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here