InicioSANTIAGOBOQUEIXÓNO Concello de Boqueixón insta a Correos que manteña o servizo de...

O Concello de Boqueixón insta a Correos que manteña o servizo de tres carteiros durante o verán

Piden que non se reduza o número de carteiros para asegurar a calidade do servizo postal

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

O Concello de Boqueixón está a facer xestións con Correos e o Ministerio de Facenda e Función Pública para garantir a adecuada prestación do servizo postal no municipio durante as datas de verán. Segundo o goberno local, é imprescindible manter un equipo de tres carteiros, o mesmo número que traballa durante o resto do ano, para cubrir as necesidades das distintas parroquias da zona.

O alcalde, Ovidio Rodeiro, expresou preocupación polas queixas continuas da veciñanza sobre atrasos e problemas no servizo de Correos, especialmente durante o verán cando o persoal se reduce. “Estamos a experimentar unha merma significativa na calidade dun servizo xa de por si deficiente”, dixo Rodeiro.

O servizo de Correos en Boqueixón opera actualmente con tres carteiros desde unha oficina postal situada nunhas dependencias municipais cedidas gratuitamente polo Concello. Porén, no mes de xullo, o número de carteiros redúcese a dous e en agosto a un só carto, causando un impacto negativo no tempo de reparto e deixando sen servizo a moita correspondencia ata ben entrado setembro.

“A redución do persoal durante o verán pode provocar atrasos na entrega de documentos importantes, como recibos de impostos, afectando aos contribuíntes”, advertiu Rodeiro. Ademais, o Concello está traballando nun proxecto de numeración dixital do municipio para facilitar o traballo dos carteiros mediante a xeoreferenciación de todos os domicilios.

Deste xeito, o Concello de Boqueixón insta a Correos a adoptar medidas para mellorar o servizo durante todo o ano e, especialmente, a non reducir o número de carteiros durante o período estival, co obxectivo de garantir a calidade e eficiencia na entrega da correspondencia aos seus cidadáns.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Fotowalk Galicia reúne en Boqueixón máis dunha trintena de afeccionados á fotografía

Un total de 34 persoas afeccionadas á fotografía chegadas de distintos puntos de Galicia...

Boqueixón licita novas obras de saneamento por preto de 70.000 euros para seis aldeas

O Concello de Boqueixón vén de licitar dous proxectos destinados a ampliar e mellorar...

Boqueixón completa antes de agosto a roza de máis de 250 quilómetros de pistas municipais

O Concello de Boqueixón deu por rematada antes do inicio de agosto a limpeza...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here