InicioSANTIAGOO Concello de Santiago inspeccionará a concesionaria do bus urbano ante as...

O Concello de Santiago inspeccionará a concesionaria do bus urbano ante as incidencias na súa aplicación

O concelleiro de Mobilidade de Santiago, Xan Duro, dixo descoñecer as causas deste mal funcionamento, pero é "unha responsabilidade da empresa" que xestiona o servizo e, por tanto, esixiu que o solucione

Publicado o

Xornal de Compostela

O concelleiro de Mobilidade de Santiago, Xan Duro, avanzou que o Concello realizará este xoves pola mañá unha “inspección oficial” a Tralusa, empresa concesionaria do servizo de autobús urbano, ante os problemas de funcionamento da aplicación ‘+Bus’ rexistrados desde o martes.

“Non é aceptable que esteamos así a estas alturas”, esgrimiu con dureza o edil. Ao ser preguntado sobre estas incidencias tras a xunta local de seguridade para as Festas do Apóstolo, Duro avanzou que se fará esta inspección para “ver as causas”, preguntar “as razóns” dos fallos e “tomar as decisións que teñan que tomar” como goberno local.

“Unha incidencia podémola ter calquera. Tantas incidencias continuadas esixen responsabilidades e explicacións”, recalcou o concelleiro.

O responsable de Mobilidade do goberno de Goretti Sanmartín dixo descoñecer as causas deste mal funcionamento, pero é “unha responsabilidade da empresa” que xestiona o servizo e, por tanto, esixiu que o solucione.

A inspección levará a cabo por técnicos da empresa municipal Tussa nas dependencias de Tralusa, onde están os equipos informáticos desde os que se ofrece o servizo.

 

 

 

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...