InicioMOV. SOCIAISAlumnado de Xornalismo da USC crea unha guía para o tratamento informativo...

Alumnado de Xornalismo da USC crea unha guía para o tratamento informativo da migración

Publicado o

Xornal de Compostela

O alumnado da materia de Redacción Informativa do primeiro curso do grao de Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela, sacou á luz o proxecto ‘Ponte de Palabras. Xornalismo colaborativo e transmediático especializado na migración’, unha publicación que quere contribuír a mellorar a información sobre a cuestión migratoria.

A guía foi realizada coa coordinación dos profesores José Casás, Xosé López e Ana Isabel Rodríguez Vázquez e conta coa colaboración do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Grupo de Investigación Esculca, da Facultade de Ciencias da Educación.

Ponte de Palabras continúa o labor iniciado coa Guía de linguaxe inclusiva, así como as de Proxecto Broto, Proxecto Xermolo, Proxecto Ikigai e Proxecto FACTCOM, redactadas polo alumnado de anos anteriores.

A guía consta de cinco apartados diferenciados, comezando por un panorama da actual situación na sociedade respecto a cuestión migratoria, con especial foco na realidade histórica galega. No segundo dos epígrafes, ‘Xornalismo e migración’, analízanse a responsabilidade que ten a profesión no tratamento de informacións relativas a esta temática. En ‘Fontes e referencias’ ofrécese unha listaxe de fontes expertas, entidades e organismos institucionais aos que acudir á hora de facer coberturas sobre migración e ‘Entrevistas’ constitúe un espazo para dar protagonismo a voces especializadas, desde diferentes perspectivas.

A ‘Guía de boas prácticas’ é o apartado máis completo, cun decálogo con recomendacións para abordar o tratamento de informacións sobre migración. O epígrafe conclúe con algúns estudos de caso en medios de comunicación do ámbito español.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

A Maker Faire Galicia abre en Santiago cunha xornada centrada no emprendemento e a innovación social

A Maker Faire Galicia inaugurou este venres en Santiago de Compostela a súa XII...

Un modelo da USC permite prever como reducir a calor nas cidades mediante cambios urbanísticos

O incremento das temperaturas está a aumentar o impacto da meteoroloxía sobre a saúde...

Santiago realiza 85 inspeccións a pisos turísticos no que vai de ano e constata un alto cumprimento das suspensións

O departamento de Urbanismo do Concello de Santiago realizou, no que vai de 2026,...