InicioPOLÍTICAAitor Bouza aborda coa ministra Isabel Rodríguez a política de vivenda da...

Aitor Bouza aborda coa ministra Isabel Rodríguez a política de vivenda da cidade

Publicado o

Xornal de Compostela

O secretario xeral dos socialistas composteláns, Aitor Bouza, reuniuse coa responsable de Vivenda do PSOE e ministra do ramo, Isabel Rodríguez, para abordar a política de vivenda da capital galega.

No encontro, celebrado o luns e do que informou o PSOE compostelán este martes, ambos os socialistas abordaron o traballo realizado pola Agrupación Municipal en Santiago de Compostela en materia de vivenda desde a reunión celebrada no mes de febreiro na capital galega.

O secretario xeral do PSOE de Santiago comprometeuse a seguir loitando polos intereses reais dos veciños composteláns en materia de vivenda e seguir esixindo ao goberno municipal que realice de inmediato todos os trámites necesarios para a declaración da zona tensionada.

Conforme indicou, Rodríguez puxo en valor o esforzo feito polos socialistas da cidade para tentar que se alcanzase un pacto integrar pola vivenda na cidade que incluíse a medida socialista da declaración de zona tensionada para topar os prezos dos alugueres.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

Suspenden a audiencia contra un policía urbanístico de Santiago acusado de falsificar un informe

A Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, suspendeu este...