InicioSANTIAGOCompostela abre a inscrición para os servizos de comedor e madrugadores en...

Compostela abre a inscrición para os servizos de comedor e madrugadores en centros educativos

A campaña de turismo sustentable e varios convenios de colaboración tamén foron aprobados na última xunta de goberno local

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago aprobou os prazos e procedementos de admisión nos servizos de comedor e de madrugadores para o curso 2024-2025 na rede de centros públicos de educación infantil e primaria. O período de inscrición estará aberto do 16 de xullo ao 31 de agosto, segundo anunciou a portavoz municipal, Míriam Louzao, nunha rolda de prensa recente.

Os interesados deberán rexistrarse na APP ColeChef, e, unha vez aberto o prazo, presentar o impreso de solicitude de inscrición correspondente. Aqueles que xa fixeron uso dos servizos no curso anterior e están rexistrados só precisarán reactivar os servizos para o novo curso educativo.

Paralelamente, o goberno local impulsou a segunda fase da campaña ‘Fráxil’, dentro do Plan de Turismo Sustentable, cun orzamento de máis de 98.000 euros. Esta iniciativa, que se desenvolverá durante 45 días entre agosto e setembro, inclúe un decálogo de boas prácticas e unha “potente campaña de comunicación” en redes sociais, con equipos traballando directamente nas rúas para sensibilizar sobre un turismo respectuoso.

Ademais, na última xunta de goberno local, aprobouse o expediente de contratación para obras de ampliación da rede de abastecemento na estrada AC-250, con un orzamento de 85.000 euros e un prazo de execución de catro meses. Este proxecto forma parte do Plan Único de Concellos de 2023.

En canto aos convenios, foron acordados tres para o ano 2024 con distintas entidades, incluíndo a Asociación de Pais de Persoas con Trastorno de Espectro Autista (TEA), a Federación Galega de Kárate, e a Asociación Cultural Correlingua, cada un por un importe de 5.000 euros.

Finalmente, o Concello tamén resolveu a cesión provisional do uso do Estadio Municipal Verónica Boquete de San Lázaro e do campo de adestramento San Lázaro II a favor da SD Compostela para a tempada 2024/25, pendente de regulación definitiva mediante un novo acordo municipal.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...