InicioPOLÍTICAO PP de Santiago propón eliminar altos cargos do BNG para investir...

O PP de Santiago propón eliminar altos cargos do BNG para investir en turismo sostible e políticas sociais

A concelleira Rosario Ferreiro asegura que o actual goberno está a provocar un custo de 8 millóns de euros á codadanía

Publicado o

Xornal de Compostela

No Partido Popular de Santiago propuxo un cambio na estrutura do goberno local, liderado polo BNG, para reducir gastos en asesores e altos cargos, destinando así 1,4 millóns de euros a iniciativas para un turismo sostible. Segundo a concelleira popular, Rosario Ferreiro, o actual goberno composto por 29 persoas, incluíndo concelleiros e asesores, está a xerar un custo de máis de 8 millóns de euros para os cidadáns, considerando estes números un “gasto escandaloso”.

Durante unha intervención pública, Ferreiro criticou o aumento de asesores do BNG de 8 a 13, e o incremento de altos cargos de 5 a 8, comparando estas cifras co goberno anterior de Sánchez Bugallo. Ferreiro destacou que os salarios dos altos cargos, que alcanzan unha media de 75.000 euros, superan os de conselleiros da Xunta de Galicia, e mencionou tamén un incremento no soldo da alcaldesa de 6.000 euros.

Ademais de criticar a xestión do goberno local, a concelleira do PP adiantou que, de chegar ao poder, o seu partido anularía estas contratacións e redirixiría os fondos a áreas como vivenda, políticas sociais, e un programa para combater a soidade dos maiores. Ferreiro rematou insistindo na necesidade dun cambio na xestión para abordar o que define como un problema de falta de xestión no Concello.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here