InicioSOCIEDADESanidade reivindica o labor da Asociación de Dano Cerebral de Compostela

Sanidade reivindica o labor da Asociación de Dano Cerebral de Compostela

Antonio Gómez Caamaño visita a Asociación Sarela e eloxia o seu traballo no ámbito sociosanitario, comprometendo fondos significativos para 2024.

Publicado o

Xornal de Compostela

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, visitou este xoves a Asociación de Dano Cerebral de Compostela, Sarela, onde reivindicou o seu labor e a de todo o tecido asociativo, xunto co apoio da Xunta ao sector sociosanitario con 1,2 millóns de euros en 2024. Gómez Caamaño, acompañado do xerente da área Sanitaria de Santiago, Anxo Facio, foi recibido neste acto polo presidente de Sarela, José Balboa, pola súa directora, Rocío García, e polo presidente da Federación de Dano Cerebral de Galicia, Luciano Fernández.

O titular de Sanidade subliñou a importancia de que o sistema público conte cun proceso asistencial integrado (PAI) destinado a atender as necesidades específicas de pacientes con dano cerebral e os seus coidadores. O conselleiro agradeceu a invitación e o traballo de todos quen traballan e colaboran en Sarela: “É un exemplo de moitísimo nivel de como en política sociosanitaria pódense facer grandes cousas como os pacientes”.

Segundo informa a Xunta, a asociación presta atención na área de Santiago e está conformada por máis de 800 persoas entre socios, colaboradores voluntarios e profesionais. Desde hai anos, o Goberno galego colabora con esta entidade con programas de atención fisioterapéutica para fomentar a autonomía dos pacientes e previr a súa deterioración.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

Abre ao tráfico o primeiro treito da prolongación da AG-59 entre Santiago e A Estrada

A prolongación da autovía AG-59, entre Santiago e A Estrada, porá este mércores, 22...

Hostaleiros esperan unha ocupación por baixo do 80% na semana das festas do Apóstolo, en Santiago

O portavoz da Unión Hoteleira de Compostela (UHC), José Antonio Liñares, indicou que se...