InicioPOLÍTICAO BNG esixe á Xunta que se implique en regular as VUT...

O BNG esixe á Xunta que se implique en regular as VUT e non “boicotee” medidas como as do Concello de Santiago

Denuncia "a política da lei da selva" do Goberno galego, que inscribe no seu rexistro pisos turísticos "ilegais"

Publicado o

Xornal de Compostela

No próximo pleno do Parlamento de Galicia, o Bloque Nacionalista Galego (BNG) defenderá unha proposta para que a Xunta se implique de maneira activa na regulación das vivendas de uso turístico (VUT) e cesen os “boicots” ás medidas adoptadas polos concellos, como o de Santiago, gobernado pola alcaldesa Goretti Sanmartín. Segundo a deputada do BNG, Alexandra Fernández, é “grave” que o goberno galego ignore as normativas locais e proceda ao rexistro de VUT ilegais.

Fernández expuxo que, mentres os concellos tentan regular este mercado, a Xunta mantiene unha “política da lei da selva” e continúa inscribindo vivendas turísticas a pesar de non cumprir coas normas municipais, unha práctica que foi obxecto de críticas por parte do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Ademais, a deputada nacionalista destacou a “explosión” do número de VUT, que incrementou un 4.510% dende 2017, alcanzando máis de 22.500 rexistros. Este crecemento tivo, segundo o BNG, un impacto directo nos prezos da vivenda, na calidade urbana e no modelo de turismo en Galicia.

O BNG denuncia que actualmente para rexistrar unha vivenda turística no Rexistro de Establecementos e Actividades Turísticas (REAT) só é necesario presentar unha declaración responsable, sen precisar de documentación adicional que verifique o cumprimento das normativas locais. Fernández acusa á Xunta de inscribir VUT “irregulares” e só actuar cando existe unha sentenza firme, unha situación que describiu como un “descrontrol premeditado”. O debate sobre esta problemática esperase que xere intensas discusións no vindeiro pleno.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...