InicioSOCIEDADEO Club Financeiro de Santiago e a Fundación Stop Leucemia unen forzas...

O Club Financeiro de Santiago e a Fundación Stop Leucemia unen forzas contra o cancro

As entidades asinan un convenio para impulsar a investigación en biomedicina hematológica e mellorar o benestar dos pacientes

Publicado o

Xornal de Compostela

O Club Financeiro de Santiago (CFS) e a Fundación Stop Leucemia firmaron un convenio de colaboración que marca un compromiso conxunto para fomentar a investigación en biomedicina hematológica. A firma deste acordo tivo lugar en Santiago, coa presenza de Álvaro Concheiro, presidente do padroado de Stop Leucemia, e Roberto Pereira, presidente do CFS.

Roberto Pereira destacou a importancia deste convenio, declarando que “é un orgullo poder colaborar con iniciativas como esta, dedicadas a apoiar a investigación contra unha doenza tan desafiante como o cancro hematológico”.

A través deste convenio, ambas entidades comprométense a desenvolver proxectos que contribúan ao avance científico no tratamento das enfermidades hematológicas. Entre os obxectivos principais da Fundación Stop Leucemia atópanse a recadación de fondos para a investigación, o impulso á colaboración con outras institucións para a realización de proxectos conxuntos, e a promoción do benestar dos pacientes afectados por estas enfermidades.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

O maquinista do Alvia evita polo de agora o cárcere á espera da decisión sobre o indulto

A xuíza María Elena Fernández Currás accedeu a suspender o cumprimento da pena de...

A muller que apuñalou a un home en Ames en febreiro acepta tratar o seu consumo de drogas a cambio de non ir a...

A muller acusada de tentativa de homicidio por apuñalar un home en Bertamiráns, en...

A criminalidade baixa un 2,3% en Santiago, con descensos nos delitos convencionais e na ciberdelincuencia

A criminalidade baixou un 2,3% en Santiago durante o primeiro semestre de 2026 respecto...