InicioPOLÍTICAA alcaldesa de Santiago di que "faltan detalles técnicos" para pechar o...

A alcaldesa de Santiago di que “faltan detalles técnicos” para pechar o protocolo marco de colaboración coa Xunta sobre o CHUS

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asegurou que o protocolo marco de colaboración entre Xunta e Concello para a contorna do Clínico “vai ben” e apuntou que, a falta de “algúns detalles técnicos”, espera pechar o acordo en próximas semanas.

A preguntas dos medios antes de asistir ao acto de homenaxe ao escultor Francisco Asorey no 63 aniversario do seu falecemento, a rexedora compostelá manifestou que espera que na reunión prevista cos representantes autonómicos a próxima semana “vaian avanzado os detalles desde o punto de vista técnico” para “pechar o acordo”, na liña de que “todo salga cara a adiante” e que en próximas semanas poidan dar conta diso.

Así mesmo, Sanmartín lembrou que o protocolo marco de colaboración indica as consellerías implicadas –Sanidade, Infraestruturas e Medio Ambiente–, ademais de definir cales serían as actuacións que tería que abordar a administración autonómica e cales a local.

Unha vez feito ese acordo marco de colaboración, detallou, cada consellería, xunto cos departamentos do Concello, “irían facendo os convenios correspondentes”, dando prioridade, dixo, “ao tema da solución, o máis urxentemente posible, do aparcadoiro do CHUS e dos seus accesos”. “Iso sería prioritario e despois iría o desenvolvemento do Proxecto de Interese Autonómico (PIA), onde se falaría da actuación en toda a contorna”, especificou.

En canto a posibles datas para iniciar as obras, a alcaldesa recoñeceu que aínda deben asinar o propio convenio e logo comezar o proceso de licitación. “Todo isto non é inmediato, por iso de maneira provisional fixemos ese incremento de 150 prazas de aparcadoiro á beira de CIMUS, sabendo que isto non ía ser de carácter inmediato”, lembrou.

COLABORACIÓN DO GOBERNO EN MATERIA DE VIVENDA

Por outra banda, cuestionada polo anuncio do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, de que quere expor ás comunidades e ao resto de administracións unha serie de propostas para “pór coto” aos pisos turísticos, a alcaldesa compostelá mostrouse “encantada” de “todo o que sexa colaboración entre administracións”.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

O PSdeG esixe incorporar a VOLABAN ao Padroado do Refuxio de Bando tras máis dun ano de demora

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao Pleno deste mes unha proposta para...

Os non adscritos retiran a demanda contra o PSOE pola súa expulsión

Os catro concelleiros non adscritos de Santiago de Compostela --Mercedes Rosón, Gonzalo Muíños, Milagros...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...