InicioPOLÍTICAO alcalde de Ames destaca a "valentía e responsabilidade" dos edís composteláns

O alcalde de Ames destaca a “valentía e responsabilidade” dos edís composteláns

O rexedor subliña que a "política real, a de verdade, faise desde o consenso, o diálogo e a responsabilidade" e "non desde o ordeno e mando con cartas e vídeos"

Publicado o

Xornal de Compostela

O alcalde de Ames, o socialista Blas García, puxo en valor a “valentía” e “a responsabilidade” que, ao seu xuízo, mostraron os seis edís do PSOE compostelán e defendeu o diálogo fronte ao “ordeno e mando”.

“Esta tarde os compañeiros e compañeiras do Grupo Municipal de Santiago mostraron a súa valentía, pero sobre todo a súa responsabilidade e o sentido común votando a favor dunha política de vivenda que xa defenderan cando foron goberno”, sostivo nunha mensaxe publicada no seu perfil da rede social ‘X’. O rexedor subliña que a “política real, a de verdade, faise desde o consenso, o diálogo e a responsabilidade” e “non desde o ordeno e mando con cartas e vídeos”.

Que difícil é entender que na política hai que ser responsable e que non é un xogo de quítate ti para porme eu!“, asegura o alcalde en referencia ao conflito aberto no PSOE compostelán despois de que o seis edís desacatasen a orde da dirección local de absterse no voto da ordenanza que regula a comunicación das vivendas de uso turístico. Co apoio dos concelleiros socialistas, que agora se expoñen a medidas disciplinarias do partido, a medida saíu adiante.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

Ames percorre o Pazo da Peregrina nunha visita teatralizada arredor da pegada de Rosalía

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolleu o pasado sábado 20 de xuño unha...

A Xunta prevé abrir en agosto a senda peonil e ciclista entre a Intermodal e O Milladoiro

A Xunta de Galicia prevé poñer en servizo este verán, no mes de agosto,...