InicioSANTIAGOGalicia fortalece a atención aos peregrinos cun novo convenio entre a Axencia...

Galicia fortalece a atención aos peregrinos cun novo convenio entre a Axencia de Turismo e a Catedral de Santiago

Con máis de 300.000 euros de investimento, o convenio busca mellorar os servizos no Centro Internacional de Axuda ao Peregrino, incrementando o soporte durante a súa estancia na capital

Publicado o

Xornal de Compostela

O Goberno galego, na súa última reunión semanal, autorizou un convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Catedral de Santiago, destinado a reforzar o servizo de atención aos peregrinos na capital galega. O anuncio foi feito polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que destacou o compromiso continuado do goberno coa mellora da experiencia peregrina.

Con un orzamento superior aos 300.000 euros, o convenio permitirá cubrir os custos asociados ao servizo de limpeza, mantemento e subministracións do Centro Internacional de Axuda ao Peregrino, incluíndo tamén o persoal necesario para o seu funcionamento eficaz.

Esta acción inscríbese dentro dos esforzos continuados da Xunta por promover o Camiño de Santiago, superando os 2 millóns de euros en investimentos vinculados á Oficina do Peregrino desde o ano 2014. Este novo acordo forma parte do ‘Plan director dos Camiños de Santiago 2027‘, que busca optimizar e ampliar os servizos ofrecidos aos miles de peregrinos que cada ano escollen Galicia como destino.

ÚLTIMAS

Lucía Suárez, directora da Galería Dupla: “A arte é algo moi universal e nós somos unha ponte entre os artistas e o público”

A directora da galería Dupla, Lucía Suárez, asumiu este ano a presidencia de Contemporánea,...

O persoal de limpeza e conserxaría de Santiago suspende a folga tras lograr avances con Lacera

A CIG informa de que o persoal de limpeza e conserxaría dos colexios e...

Santiago activa medidas de aforro de auga ante o risco dunha vertedura de xurro no Tambre

O Concello de Santiago mantén baixo seguimento a posible chegada ao río Tambre dunha...

O Festival Maré reunirá en Santiago artistas de máis de 16 países na súa sétima edición

O Festival Maré celebrará do 23 ao 27 de setembro a súa sétima edición...

Patadas na cabeza, unha navalla e ameazas previas: investigan dúas agresións nas festas de Conxo

Familias e amigos de dous mozos denunciaron por distintas vías que ambos tiveron que...

Santiago de Compostela dará inicio a unha Volta Ciclista España 2027 que arrincará en setembro

A próxima edición 2027 da Vuelta Ciclista a España sairá de Galicia, concretamente da...

A USC contará cunha Cátedra de Memoria Democrática da man do Ministerio de Política Territorial e Memoria

O secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, e a reitora da Universidade...