InicioMOV. SOCIAISFamilias do CEIP Lamas de Abade recollen máis de 400 firmas contra...

Familias do CEIP Lamas de Abade recollen máis de 400 firmas contra o programa ‘E-Dixgal’

Denuncian o uso excesivo de pantallas na educación dos seus fillos e a falta de adaptación ao pasar á ESO

Publicado o

Xornal de Compostela

Un grupo de pais e nais de alumnos do CEIP Lamas de Abade conseguiu xa máis de 400 firmas das familias para que o centro, que conta cuns 520 nenos, para que o centro abandone ‘E-Dixgal’, o programa do libro dixital da Xunta.

O escrito denuncia que nos cursos onde funciona ‘E-Dixgal’, 5º e 6º de Educación primaria, ofrécese un ensino “completamente dixital”, onde os alumnos empregan computadores portátiles “ao redor de cinco horas diarias” máis as que empregan para facer os deberes en casa.

Gustavo Sende, pai e representante das familias no consello escolar, explica que a iniciativa naceu porque ven que os alumnos que pasaron á ESO no IES Lamas de Abade, que non emprega o libro dixital, “están a quedarse atrás” con respecto aos que proveñen doutros colexios.

“Entendemos que son nenos moi pequenos para ter as pantallas en clase”, asevera Sende, quen tamén cualifica de “contraditorio” o emprego de ‘E-Dixgal’ cando “desde a propia Consellería de Educación dise que van eliminar os móbiles” en todo o horario lectivo. A todo isto suma que “houbo profesores que ‘colleron’ a nenos xogando nos computadores e en páxinas pornográficas”.

O programa do libro electrónico é voluntario e a adhesión ou non dun centro decídeo o seu claustro. O próximo curso haberá un total de 613 centros galegos que o empreguen, 17 menos que o ano anterior ao retirarse 23 e sumarse só seis.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

A campaña ’12 Comercios, 12 Sensibilidades’ dedica xuño á saúde oncolóxica e aos coidados coa colaboración de D’Aldea e Abeiratúa

A campaña '12 Comercios, 12 Sensibilidades' dedicará o mes de xuño a visibilizar o...

Traballadores de escolas infantís e centros de discapacidade colapsan San Caetano contra a precariedade laboral

O conflito laboral nos sectores da discapacidade, da atención a menores e da educación...