HomeCULTURAAXENDA: Todas as festas de San Xoán da comarca e outras actividades...

AXENDA: Todas as festas de San Xoán da comarca e outras actividades culturais para esta fin de semana

Publicado o

Por Míriam Ferraces Fernández

MÚSICA

  • Concerto de Budiño polo Día da Música: O venres 21 de xuño, ás 21:00, na Cidade da Cultura, Budiño presentará o seu último disco ‘Branca Vela’ para celebrar o Día da Música 2024. O evento, de entrada libre, terá lugar na praza central do Gaiás. O músico galego estará acompañado dunha banda de novos talentos e voces destacadas do ‘neo-tradi’ e folk galego, como Tania Caamaño e Mónica de Nut.
  • Festival Acento: O mércores 21 de xuño, Día Europeo da Música, a Fundación SGAE celebrará o festival Acento na súa terraza en Santiago de Compostela, no Parque Vista Alegre, a partir das 19:30. O evento contará co apoio de AGADIC-Xunta de Galicia e as actuacións incluirán o pop de Blanco Palamera, a música poliédrica de Néboa, e os emerxentes Rhome e Marián. A entrada é libre e gratuíta, aberta a todos os públicos.
  • Concerto Sus Mel: O sábado 22 de xuño, ás 20:00, no Teatro Principal, terá lugar o concerto de Sús & Mel. Sús, proxecto da artista portuguesa Susana Nunes, ofrecerá unha proposta entre a electrónica experimental e o art pop. Mel, liderado por Lucas de Centi e Sandra Pérez, mesturará música electrónica, tradicional e jazz, con Antía Muíño na voz e Miguel Arribas nos saxos. As entradas custan 12 euros e están dispoñibles en compostelacultura.gal e en despachos de billetes, ofrecendo descontos do 50% para colectivos habituais.

TEATRO, CINE E DANZA

  • Dique: O sábado 22 de xuño ás 20:30 e o domingo 23 de xuño ás 18:00, no Salón Teatro, terá lugar a representación de ‘Dique’. Esta obra de Nova Galega de Danza, dirixida por Marta Pazos, homenaxea ás mulleres que construíron o Dique da Campana en Ferrol. Combina danza contemporánea e tradicional galega, explorando temas de forza e resistencia. As entradas pódense adquirir en compostelacultura.gal e en despachos de billetes do teatro con prezos dende os 9 euros.
  • Cinema do programa Compostela Diversa: O sábado 22 de xuño, ás 11:00, na sección ‘Cinema’ de Compostela Diversa, proxectarase a película ‘Testigos de un tiempo maldito’ con coloquio posterior co director Javier Larrauri e Daniela Ferrández. Tamén se exhibirá o curtametraxe de Anxos Fazáns ‘Habitar’. Esta actividade, organizada pola concellaría de Igualdade do Concello de Santiago, forma parte das accións polo Día Internacional do Orgullo LGTBI. A entrada é gratuíta e busca promover a visibilidade e normalización do colectivo LGTBI.

EXPOSICIÓNS

  • Lousas dun mesmo Mundo: Ata 30 de xuño, na Casa do Cabildo, pódese visitar a exposición ‘Lousas dun mesmo Mundo’, unha mostra que presenta 20 montaxes fotográficas creadas mediante a técnica do collage, combinando dúas imaxes para formar unha visión poética e crítica do mundo. O horario de visita é de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 de martes a sábado, e de 11:00 a 14:00 os domingos.
  • CICAGallery: Tamén ata o 30 de xuño, no DIDAC, terá lugar a exposición CICAGallery. Este proxecto de residencias artísticas do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía da Universidade da Coruña conta con obras de Verónica Moar, Breogán Xague, Inés Rodríguez Rodríguez, Irene Sáenz Carballeira e Cillas Rodríguez, que traballaron con grupos de investigación do centro. O horario de visita é de martes a venres, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00, e os sábados con cita previa.

 

  • Exposición de Arte organizada por Andaina Pro Saúde Mental: Do 4 ao 21 de xuño, na Biblioteca Pública Ánxel Casal, celebrarase a exposición de arte organizada por Andaina Pro Saúde Mental. Esta asociación sen ánimo de lucro utiliza a arte como ferramenta de expresión emocional e comunicación, axudando a reducir o estrés e a potenciar a creatividade. As obras expostas reflicten historias de desenvolvemento e mellora persoal. A mostra pode visitarse no vestíbulo durante o horario de apertura da biblioteca. 

 

 

INFANTIL

  • Gran Gala do Circo: O domingo 21 de abril, ás 18:30, no Auditorio de Galicia, celebrarase a Gran Gala do Circo para conmemorar o Día Internacional do Circo. Coordinado por Pistacatro, o espectáculo contará con unha variedade de artistas locais e internacionais, ofrecendo unha festa para públicos de todas as idades. As entradas están dispoñibles a un prezo anticipado de 3 euros en compostelacultura.gal.
  • Robinsón e o seu loro: O sábado 22 de xuño, ás 12:00, na Biblioteca Pública Ánxel Casal, terá lugar a actividade de contacontos ‘Robinsón e o seu loro’, presentada por Fernando Saldaña. Este evento, parte do Festival Internacional de Narración Oral Atlántica Miúdo, está dirixido a nenos e nenas de 3 a 5 anos. Narra a historia dun mariñeiro e un loro que o axuda a volver a casa tras unha tormenta. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

FESTAS E EVENTOS 

  • San Antonio e o Santísimo Sacramento de San Xulián de Sales: Do venres 21 ao domingo 23 de xuño, na parroquia de San Xulián de Sales en Vedra, celebraranse as festas en honra a San Antonio e ao Santísimo Sacramento. O venres haberá unha gran verbena coas orquestras Ibiza e Atenas. O sábado, misa solemne ás 13:00 h, seguida de sesión vermú con Élite e as pandereteiras Silandeira, e pola noite, verbena con Élite e Aché. O domingo, misa solemne ás 13:00 h, e sesión vermú coa banda de Santa Cruz de Ribadulla e o dúo Élite.

 

  • FESTAS DE SAN XOAN EN NA COMARCA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA:
    • Santiago de Compostela: O 23 de xuño, Santiago de Compostela celebrará as Festas de San Xoán con fogueiras, sardiñadas e actividades na praza de Mazarelos. O programa inclúe pasacalles, obradoiros de percusión, herbas de San Xoán e baile galego. Tamén haberá paseos botánicos, actuacións musicais, conxuro da queimada e foliada aberta.
    • Amio: O sábado 22 de xuño, os veciños de Amio celebrarán a festa de San Xoán cunha gran sardiñada e música a cargo de Disco Light Wave a partir das 21:00 h. A celebración inclúe a tradicional fogueira e actividades populares, nun ambiente festivo.
    • Vedra: O sábado 22 de xuño, Vedra celebrará San Xoán cunha churrascada, sardiñada con pan de millo e fogueiras. A festa incluirá hinchables para nenos e música en directo, a partir das 18:00.
    • Angrois: O sábado 22, Santiago de Compostela celebrará San Xoán de Angrois cunha sardiñada, fogueira e sorteos a partir das 00:00 da noite. 
    • Portomouro (Val do Dubra): O sábado 22, Val do Dubra, xunto coa A.C. Xuventude de Portomouro, celebrará o San Xoán con fogueiras, sardiñadas e actividades populares. O prezo será de 20 euros para os adultos, de 12 euros para nenos de 6 a 12 anos e gratis para menores de 6.
    • Trinxidoiro (Teo): O sábado 22, en Teo, celebrarase San Xoán de Trinxidoiro cunha pulpada, churrascada, sardiñada e xogos populares, no Parque de Penelas. A tamén incluirá festa sorteos e pujas. O prezo é de 35 euros para adultos, e 17 euros para nenos entre 6 e 12 anos.
    • Ortoño (Ames): Do 23 ao 25 de xuño, a parroquia de Ortoño en Ames celebrará as festas en honra a San Xoán, San Antonio e o Santísimo Sacramento. Haberá misas solemnes, procesións, alfombras florais, sesións vermú e sardiñadas. As verbenas estarán animadas por La Mecánica, Unión y Fuerza, Pili Pampín e a orquestra New York. A festa inclúe unha gran queimada e diversas actividades musicais para tódolos públicos.
    • Calo (Teo): Do 23 ao 26 de xuño, en Teo, celebrarase San Xoán de Calo con celebracións relixiosas, sardiñadas, cacharelas e actuacións musicais. O domingo haberá sesión vermú con Troula, sardiñada e queima da cabra vella. O luns, animarán os grupos Bomba e Tania Veiras. O martes, actuarán a orquestra Olympus e Unión y Fuerza. O mércores, pecharán a festa Mega CDC e París de Noia.
    • Conxo: O 23 de xuño, o barrio de Conxo en Santiago de Compostela celebrará San Xoán con fogueiras, xogos populares e sardiñada. As actividades comezarán ás 11:00 h con unha ruta guiada para buscar herbas de San Xoán. Ás 21:00 h, haberá unha sardiñada popular con música tradicional. Ás 00:00 h, encenderase a gran cacharela, queima do Meco e espectáculo de fogos artificiais.
    • Ponteledesma (Boqueixón): O domingo 23 en Boqueixón celebrarase San Xoán en Ponteledesma cunha sardiñada e churrascada, cun custo de 15 euros. A festa, clasificada como popular, incluirá actividades tradicionais e comida típica, e estará amenizada polo Dúo Platino. 

 

ÚLTIMAS

Goretti Sanmartín reafirma a súa intención de reunirse co presidente da Xunta para falar da taxa turística

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, reafirmou este sábado a súa intención de reunirse...

Trasladadas dúas persoas tras unha colisión entre tres vehículos en Ames

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas tras unha colisión entre tres vehículos en Ames...

O Monbus Obradoiro ficha ao base letón Toms Elvis Leimanis

O Monbus Obradoiro anunciou hoxe a incorporación do base letón Toms Elvis Leimanis para...

A Corporación de Ames aproba créditos e proxectos para mellorar a mobilidade e a educación infantil

A Corporación municipal de Ames aprobou por unanimidade varias medidas importantes no último pleno,...

Santiago acolle este venres a inauguración da exposición ‘Cutie Chaos’, do artista Pablo Little

A galería Dupla inaugura este venres, a partir das 19:30 horas, a exposición 'Cutie...

‘Bim, bam, bum’, de María Girón, gaña o XVII Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados

A autora catalá María Girón foi a gañadora do XVII Premio Internacional Compostela de...

A artista Gloria Pavía sobre Santiago: “Estar rodeada de tanta creatividade fai que chegues a casa e teñas ganas de crear”

Gloria Pavía (en Instagram @glopavia ou @globelivet na súa conta de ilustración) é unha...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here