InicioSANTIAGOO DOG publica a suspensión cautelar de licenzas e comunicacións previas de...

O DOG publica a suspensión cautelar de licenzas e comunicacións previas de locais turísticos en Santiago

Non están afectados aqueles locais nos que se inicien actividades que teñan carácter dotacional, é dicir, docente, sanitario, asistencial e deportivo, entre outros

Publicado o

Xornal de Compostela

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este mércores a resolución pola que se suspenden de forma cautelar as licenzas e comunicacións previas de determinados establecementos vinculados ao turismo en Santiago, así como suspende o cambio de usos comerciais por residenciais nos baixos.

Desta forma, a medida, que entra en vigor este xoves, débese ao acordo do goberno local deste luns e o obxectivo é protexer ao comercio local.

A suspensión afecta á implantación de novos usos residenciais na planta baixa en locais onde había outros usos comerciais, novos usos e actividades de carácter terciario en planta baixa, os cambios de uso de actividades nos locais existentes e á modificación das condicións ou das características da actividade existente.

Pola súa banda, non están afectados aqueles locais nos que se inicien actividades que teñan carácter dotacional, é dicir, docente, sanitario, asistencial e deportivo, entre outros.

Tampouco repercutirá sobre as comunicacións previas de primeira ocupación de vivendas, cando xa obtivesen licenza urbanística de execución das obras necesarias para o uso residencial.

Outra das excepcións que recolle a suspensión é cando o uso ou a actividade que se vaia a iniciar –ou modificar as súas características– sexa de oficinas e non teña carácter turístico.

Neste sentido, considéranse de carácter turístico as oficinas de cambio de moeda, as axencias de viaxe, visitas guiadas, consignas, free-tours e similares.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...